Zeni Geva é unha banda xaponesa de noise rock composta polo cantante e guitarrista KK. Null e o batería Tatsuya Yoshida. Formado en Tokyo in 1987, o nome do grupo podería traducirse aproximadamente como "violencia de cartos" ("Zeni" é un vello termo xaponés para referirse a cartos, e "Geva" vén do alemán "Gewalt," que significa "violencia").

A música de Zeni Geva pode ser diversa e experimental, incorporando elementos que van do death metal e o hardcore punk ata o math rock, rock psicodélico, e noise rock. A súa música adoita a ser tecnicamente pouco ortodoxa, e foi comparada co rock progresivo: o crítico Patrick Kennedy describe o seu álbum de 1993 Desire for Agony como se "Motörhead coñecese a King Crimson".

O selo baseado en Chicago Skin Graft Records editou gran parte da música da banda en América do Norte, e o grupo publicou varios álbums a través do selo estadounidense Alternative Tentacles.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloHow To Kill1987Nux OrganizationMaximum Love and Fuck1989Nux OrganizationMaximum Money Monster1990Pathological RecordsTotal Castration1991Public BathDesire for Agony1993Alternative TentaclesFreedom Bondage1995Alternative Tentacles10,000 Light Years2001Neurot Recordings

Notas

Categoría:Grupos musicais do Xapón Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais formados en 1987