A ortotipografía é o conxunto de convencións que ten unha lingua para darlle formato ós textos. Normalmente pasan desapercibidos polos lectores ata que chega o momento de escribir e/ou publicar. Os principais aspectos normativos da ortotipografía son: uso das maiúsculas; abreviacións, abreviaturas, siglas e acrónimos; signos de puntuación (espazo, punto, coma ou vírgula, punto e coma, dous puntos, puntos suspensivos, comiñas ou aspas , parénteses, signo de exclamación e signo de interrogación); uso de modificacións da letra (grosa, cursiva ou itálica, subliñado); uso das cifras ou dos números en letra; Por extensión aplícase tamén ás seguintes características: corpo e tipo de letra; separación entre alíneas e entre parágrafos; formato das epígrafes; formato e uso de citas e enumeracións; numeración das páxinas e a súa posición; encabezamentos das páxinas co título e/ou autor do texto; pés de páxina e de imaxe (fotografías, gráficas ou esquemas); A ortotipografía destas últimas (e moitas outras cuestións) é normalmente prerrogativa dos editores.

Notas

Categoría:Grafémica