Víctor Prieto, nado en Ourense en 1975, é un acordeonista e compositor galego residente en Nova York.

Traxectoria Estudou acordeón clásico no Conservatorio de Ourense e arranxo e improvisación na Estudio Escola de Música de Santiago de Compostela. É profesor de Acordeón Jazz no Conservatorio de Brooklyn.

Toca co seu trío, con Carlo de Rosa ao baixo e Allison Miller á batería.

Discografía Como líder Persistencia (Foxhaven, 2005).

Categoría:Acordeonistas de jazz Categoría:Acordeonistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes