A editorial Toxosoutos é unha casa editorial nacida en 1988 no Obre (Noia) con fortes vencellos con Gráficas Sementeira. É un dos membros da Asociación Galega de Editores.
Traxectoria Está centrada en temas relacionados coa historia de Galicia, a lingüística galega, a literatura galega, o mundo celta ou biografías. Ten as seguintes coleccións: Fasquía (biografías); Cruceiro do Rego; Divulgación; Delfín; Ensino; Keltia (de temática celta); Nume; Seitura; Trasmontes; Trivium; Filolóxica; Lingüística; Narrativa; Memoralia; e cómics d´Os barbanzóns de Pepe Carreiro.
Promove desde o ano 2001 o premio Historia Medieval de Galicia. Os seus principais números de ISBN son 605, 89129, 95622 e 96259.
Véxase tamén Outros artigos Distribución editorial galega
Ligazóns externas Ficha na Asociación Galega de Editoras
Toxosoutos