Pablo Graña Alonso, nado en Cangas de Morrazo o 21 de marzo de 1999, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.

Foi tres veces campión do mundo de piragüismo (2019, 2022 e 2023), nas probas de C2 200 m e C4 500 m, e tres veces campión europeo (2021, 2023 e 2025).«Pablo Graña Alonso» en CanoeResults.eu .

Traxectoria Comezou a competir en piragüismo por influencia do seu amigo David Barreiro e ingresou coma el no Real Club Náutico Rodeira de Cangas de Morrazo, onde se especializou na modalidade de augas tranquilas. En 2017 participou nos Campionatos do Mundo sub-23 e júnior celebrados en Pitești (Romanía), logrando o ouro no C1 200 metros.

O 24 de agosto de 2019 en Szeged, con 20 anos de idade, proclamouse por primeira vez campión mundial absoluto, no segundo Campionato Mundial no que participaba, ao gañar xunto ao madrileño Alberto Pedrero a final do C2 200 metros. Dous anos despois conquistou un ouro no Campionato Europeo de Poznan, coa mesma parella e na mesma distancia.

En 2022 foi subcampión europeo no C1 200 m e sumou un novo ouro mundial, desta vez na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Manuel Fontán e Adrián Sieiro e o balear Joan Moreno, equipo co que revalidou o título ao ano seguinte. Tamén en 2023 participou nos Xogos Europeos en Cracovia, que no referente ao piragüismo funcionaron como un Campionato Europeo. Conseguiu o ouro na proba de C2 200 m mixto,, na que participou xunto á pontevedresa Antía Jácome, e o bronce no C1 200 m. No Campionato do Mundo dese ano en Duisburgo revalidou o título de campión do mundo do C4 500 m, no que participou co mesmo equipo que o ano anterior.

En 2024 disputou de novo o Campionato Europeo en Szeged, conseguindo a medalla de prata no C1 200 m. Obtivo tamén a prata no Mundial dese ano en Samarcanda, sendo o ouro para o polaco Oleksii Koliadych. En 2025 en Račice proclamouse por segunda vez campión de Europa, desta vez no C1 200 m, onde superou por 47 milésimas de segundo a Koliadych e por dúas décimas ao ucraíno Andrii Rybachok. No Campionato do Mundo dese ano en Milán obtivo a medalla de prata, ao rematar por detrás do piragüista uzbeko Artur Guliev. No 2026 volveu ser subcampión europeo, no certame celebrado na localidade portuguesa de Montemor-o-Velho.

Palmarés internacional Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición 2019 Szeged Ouro C2 200 m2022 Dartmouth OuroC4 500 m2023 Duisburgo OuroC4 500 m2024 Samarcanda PrataC1 200 m2025 Milán PrataC1 200 mCampionato EuropeoAnoLugarMedallaCompetición2021 Poznan OuroC2 200 m2022 Múnic PrataC1 200 m2023 Cracovia BronceC1 200 m2024 Szeged PrataC1 200 m2025 Račice OuroC1 200 m2026 Montemor-o-Velho PrataC1 200 mXogos EuropeosAnoLugarMedallaCompetición2023 Cracovia OuroC2 200 m mixto BronceC1 200 m

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do deportista na páxina do Comité Olímpico Español.

Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1999 Categoría:Piragüistas de Galicia