O cachalote (Physeter macrocephalus, Linnaeus, 1758), é un cetáceo odontoceto da superfamilia dos fiseteroideos, e o único integrante da familia dos fisetéridos. Trátase do máis grande dos cetáceos con dentes.

Ríos Panisse só atopou a denominación cachalote na enquisa que realizou en toda a costa galega, sendo este nome recollido por ela en Panxón, Bouzas, Cangas, Portonovo, Cambados, Escarabote, Malpica, Mugardos, Espasante, Bares, Viveiro, Foz, Ribadeo, Noia, Sardiñeiro, Lira, Abelleira, Rianxo, Carril, Portosín, As Figueiras, Ézaro, Muxía, Camariñas, Corme, Caión, Mera, Pontedeume, Mogor, Rinlo, Miño, Sada, Laxe, Muros, Ribeira, Vilanova de Arousa, A Guarda, Bueu, San Ciprián e Cedeira.

A única sinonimia, en galego, que se coñece é o nome de cabrote, que cita Penas Patiño, pero sen localizar.

O dicionario etimolóxico de Corominas afirma que se trata dunha palabra de orixe incerta, e suxire que vén do latín vulgar cappula, plural de cappulum, empuñadura de espada. Outra hipótese é que derive do francés arcaico dente, similar a cachau en gascón; Fernández Casado propón a orixe no vasco cachau, grandes dentes. Non se pode deixar de observar a relación con cachola, termo coloquial usado para designar a cabeza Antón Santamarina dá, na obra de Ríos Panisse, a seguinte etimoloxía: "Seguramente derivado del gall. cachola 'cabeza', por lo prominente de ésta, como indica incluso su denominación científica".. O nome en inglés, sperm whale, é unha contracción de spermaceti whale (balea de esperma). Esta substancia que se extraía da cabeza do animal foi chamada esperma pola súa semellanza co líquido seminal e, de feito, críase que se trataba realmente do esperma do cachalote.

O nome científico é descritivo. Procede do grego φυσάω physáō, "soprar", termo utilizado por Aristóteles para designar as vías respiratorias dos cetáceos, e o nome específico, macrocephalus, alude ó desproporcionado tamaño da cabeza. Canto ó sinónimo catodon, este vén do grego κατά katá, "abaixo", e οδούσ, οδόντοσ odoús, odóntos, "dente", e indica a presenza de dentes só na mandíbula inferior.

Taxonomía O cachalote pertence á familia dos Physeteridae, da que é a única especie, dentro da suborde do Odontoceti (Flower, 1867), da orde dos Cetacea.Cetacea Brisson, 1762 no ITIS.

Nunha familia próxima, a dos Kogiidae, están o cachalote pigmeo (Kogia breviceps) e o cachalote anano (Kogia sima) [WILSON, Don E.; REEDER, Dee Ann M. (eds.): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Johns Hopkins University Press, Baltimore 2005 ..

Esta integración nunha mesma familia ou separación en dúas familias independentes é obxecto de discusión e mesmo hai quen as considera dúas familias pero integradas na superfamilia Physeteroidea.

Na descrición que fixo Cornide en 1788 sobre os peixes e outras producións mariñas na costa de Galicia non describe o cachalote. No capítulo que dedica ós cetáceos segue a clasificación que fixera Linneo e describe catro grupos: Mysticeta, Phisalo, Boops e Músculo. Aínda que a segunda poida lembrar o cachalote, os datos que dá non se corresponden co cachalote:

Linneo (1758) describira catro especies diferentes de cachalotes: Physeter catodon, P. macrocephalus, P. microps e P. tursio. Pronto se reduciron a unha única especie, o que provocou o problema da denominación preferente: as dúas últimas descartáronse sen problema, porque a descrición non correspondía á especie (ambas foron descritas cunha aleta dorsal ben patente). A descrición de P. macrocephalus tampouco era correcta, pois localizaba o espiráculo no pescozo. Por iso defendeuse a opción de P. catodon porque, ademais de ter unha descrición máis correcta, era o primeiro na relación que deu Linneo. Finalmente, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica adoptou definitivamente a denominación macrocephalus, considerando catodon como sinónimo.

Aínda que se comprobou que os exemplares dos mares austrais teñen un segmento caudal máis longo, esta diferenza non xustifica a consideración de subespecie e, como consecuencia, non se recoñecen diferentes subespecies de cachalote.

Descrición miniatura|300px|Cachalote varado na praia de Montalbo (Portonovo, Sanxenxo) o 3 de marzo de 2003. O seu esqueleto pode verse nas fotografías inseridas máis abaixo. miniatura|300px|Escultura dun cachalote varado, obra do artista belga Dirk Claesen. Obsérvense os alvéolos da mandíbula superior, a cor da boca e as habituais cicatrices na cabeza O seu tamaño e morfoloxía son característicos, polo que é fácil de distinguir doutros cetáceos. A especie mostra un claro dimorfismo sexual: os machos adoitan medir ó redor dos 15 metros de lonxitude (por veces, ata os 18–20 m) e pesar entre 30 e 40 toneladas (excepcionalmente, 50-55 toneladas), mentres que as femias adoitan medir 12 m ou menos e pesar 16-20 toneladas. Ó naceren, o tamaño de machos e femias é similar: uns 4–6 m de lonxitude e uns 1.000 kg de peso. No museo de Nantucket, Rhode Island (Estados Unidos), existe unha mandíbula de cachalote que mide 5,5 m. Como a mandíbula representa do 20 ó 25% da lonxitude total, este exemplar debeu medir uns 28 metros, e pesar unhas 150 toneladas. No museo de New Bedford, Massachusetts, exponse outra mandíbula de 5,2 m, que correspondería a un exemplar de cerca de 25,6 m e un peso próximo ás 125 toneladas. Nestes museos consérvanse tamén libros de rexistro de factorías baleiras que conteñen numerosas referencias a exemplares que, considerando a cantidade de esperma que se obtivo deles, debían ter tamaños similares.

Na actualidade, os cachalotes non adoitan supera-los 18 metros de longura e as 50 toneladas de peso, como consecuencia da caza intensiva á que foron sometidos, especialmente no caso dos machos de maior tamaño, que tiñan máis esperma e eran máis rendibles.

Presenta o corpo lixeiramente comprimido lateralmente, cunha pel marcada por engurras. A cor é moi escura, gris lousa ou moura, co ventre máis pálido e con manchas de forma irregular de cor branca sucia, máis claras na zona inferior da cabeza e na mandíbula inferior Nalgúns exemplares, esta é totalmente branca. Pódense ver fotografías da distribución ventral das manchas brancas aquí ou aquí .. Poden mostrar cicatrices irregularmente distribuídas ó longo de todo o corpo, longas e paralelas, especialmente os machos vellos, concentradas na cabeza, que se atribúen a marcas deixadas polos picos e ventosas das luras xigantes que constitúen o seu principal alimento. A cor dos exemplares novos é máis clara cá dos adultos. Tamén se coñecen exemplares albinos, escasísimos O caso do cachalote novelado Moby Dick é ben coñecido..

Grazas ós grandes tamaños que alcanzaba, déronse casos nos que se defendía eficazmente do acoso dos primeiros baleeiros. O mellor documentado, e de máis sona, foi o do barco baleeiro Essex, afundido por un cachalote o 20 de novembro de 1820. Dos 21 tripulantes só sobreviviron 8.

Destaca, como elemento máis característico, a súa enorme cabeza, que chega a representar un terzo da lonxitude total (un 25% no momento de nacer, un 31% nas femias adultas e un 36% nos machos adultos). É aplanada lateralmente, cun fociño romo, como cortado verticalmente, e adopta unha forma cuadrangular. A boca, inferior, é proporcionalmente pequena. Os ollos son pequenos e pouco significativos.

miniatura|300px|esquerda|Tres cachalotes varados e varios máis no mar, nun gravado de 1577 Nótese que o autor debuxa erroneamente dúas narinas ou espiráculos, un a cada lado da cabeza, os ollos excesivamente elevados e a aleta dorsal rematada en punta. Ten un único espiráculoAbertura ó exterior do aparato respiratorio., moi anterior e marcadamente desprazado cara á esquerda, cunha forma de S e situado nunha pequena elevación. Esta disposición fai que o chorro de vapor que emiten ó emerxeren sexa característico e inconfundible: dirixido cara a adiante, en ángulo de 45º, e cara á esquerda, adoptando forma de arbusto; déixase ver durante 1-2 segundos. O chorro adoita medir menos de 2 m, pero foron citados casos de ata 5 m. Esta primeira exhalación adoita ser especialmente forte e sonora.

A mandíbula inferior ten forma de Y alongado, é relativamente estreita e non alcanza o extremo anterior da mandíbula superior, que supera aquela amplamente. É a única mandíbula dentada xa que a superior carece de dentes e, no seu lugar, mostra unha serie de alvéolos nos que se axustan os dentes da inferior. Presenta de 18 a 25-29 dentes cónicos en cada hemimandíbula, indiferenciados Coma nos outros cetáceos odontocetos, os dentes non serven para mastigar o alimento senón só para capturaren e suxeita-las presas, que tragan enteiras. De aí que non estean diferenciados en incisivos e molares, a diferenza dos demais mamíferos., coa punta lixeiramente inclinada cara a atrás. Nos exemplares adultos miden ata 20 cm de lonxitude (incluída a parte integrada na enxiva) e 10 cm de diámetro, con pesos de ata 1 kg por unidade. As femias teñen menos dentes e máis pequenos que os machos.

Realmente, o propósito dos dentes non está confirmado. Non parecen ser necesarios para capturar ou comer as presas, xa que se atoparon exemplares ben alimentados que non tiñan dentadura ou tíñana inservible. Ademais, as crías, que só mostran dentes a partir do oitavo ano de idade, son quen de cazar e se alimentaren sen problemas desde o primeiro ano de vida. Propúxose a hipótese de que utilicen os dentes para as loitas entre os machos por se aparear e, de feito, as marcas ou cicatrices que a miúdo mostran os machos ben poderían ser causadas por dentes.

Ocasionalmente, poden aparecer algúns dentes atrofiados, vestixiais, na mandíbula superior pero, case sempre, sen sobresaír da enxiva.

miniatura|esquerda|200px|Cachalote mostrando a aleta caudal no momento da inmersión. Na cara inferior da gorxa presenta 2 a 10 sucos curtos e profundos.

A aleta dorsal está situada no terzo posterior do corpo. Ten unha forma triangular ou redondeada, pouco definida, e semella máis ben unha xiba ou corcova; hai autores que consideran que realmente carece de aleta dorsal, substituída por esas xibas. Trala aleta dorsal aparecen de 4 a 6 avultamentos, cada vez máis pequenos segundo se achegan á caudal. A aleta e esas protuberancias traseiras só son visibles claramente no momento previo á inmersión, cando o animal arquea o lombo e mostra esas formacións. Tras do ano e inmediatamente antes do pedúnculo caudal tamén hai un avultamento semellante, a modo dunha grosa quilla.

As aletas peitorais son curtas, con forma de paleta e contorno redondeado. A caudal, ancha e forte, ten forma triangular con base moi ancha (ó redor de 1/4 da lonxitude total). Divídese en dous lóbulos simétricos que, por veces, están lixeiramente superpostos na escotadura central, que ten forma de V.

O cranio é marcadamente asimétrico e cóncavo, con forma de prato, para aloxa-lo melón graxo, e un longo rostro. O espiñazo está formado por 56 vértebras (7 cervicais, 13 dorsais, 9 lumbares e 27 coccíxeas Fernández Casado dá a cifra de 50 vértebras: 7 cervicais, 11 dorsais, 8-9 lumbares e 23-24 coccíxeas.), e posúe 11 pares de costelas.

Distribución e hábitat miniatura|275px|Distribución xeográfica Habita tódolos océanos (especie cosmopolita), agás na zona ártica, aínda que femias e crías prefiren os mares tropicais e tépedos (poucas veces superan os 45ºN ou 42ºS), mentres que os machos son de distribución máis ampla e chegan a vivir, temporalmente, nos mares árticos. En España é especie frecuente en toda a costa, incluída a mediterránea Hai citas de cachalotes en augas valencianas no século XV., predominando na costa atlántica. Pode avistarse ocasionalmente nas costas galegas, onde xa se deron algunhas varadas: Penas Patiño cita 12 casos en Galicia entre 1947 A primeira cita da varada dun cachalote en Galicia foi referida por este autor, en 1947, no Barqueiro (Mañón, A Coruña). e 1987. Ata xullo de 2011 citáranse 3 varadas en Galicia, a último en Laxe .