Rodolfo Llinás Riascos, nado en Bogotá o 16 de decembro de 1934, é un médico neurofisiólogo colombiano de recoñecida traxectoria a nivel mundial polas súas achegas no eido da neurociencia.
Traxectoria Graduouse como médico cirurxián da Pontificia Universidade Javeriana e obtivo o seu doutoramento en neurofisioloxía na Universidade Nacional de Australia. É profesor de neurociencia na Escola de Medicina da Universidade de Nova York, na que foi ademais director do departamento de Physiology & Neuroscience e desempeña a cátedra "Thomas e Suzanne Murphy" no centro médico da Universidade de Nova York. É o primeiro e único "University Professor" que tivo a Escola de Medicina da Universidade de Nova York no seus 180 anos de existencia. "University Professor" permítelle dar cursos de nivel universitario, en calquera área do coñecemento humano.
Dirixiu o programa do grupo de traballo científico "Neurolab" da NASA. Entre as distintas achegas polas que é coñecido atópanse os seus traballos sobre fisioloxía comparada do cerebelo, as propiedades electrofisiolóxicas intrínsecas das neuronas coa enunciación da hoxe coñecida como "Lei de Llinás", e sobre a relación entre a actividade cerebral, as ondas cerebrais e a conciencia.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Nados en 1934 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Médicos de Colombia Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Salamanca