Suicide é o álbum de estudio da banda estadounidense de protopunk Suicide, publicado en decembro de 1977 a través do selo Red Star Records. O disco foi producido por Craig Leon e Marty Thau e gravado en catro días nos Ultima Sound Studios en Nova York. O álbum conta coa electrónica minimalista de Martin Rev e ritmos duros e repetitivos combinados coas voces de Alan Vega inspiradas no rock and roll e representacións da vida urbana.
Tras o seu lanzamento inicial Suicide foi recibido positivamente pola prensa británica, pero tivo críticas dispares nos Estados Unidos, onde non chegou a entrar nas listas. Porén, ao pouco tempo o disco sería considerado como un fito na música electrónico e no rock. En 2013 Pitchfork nomeouno un dos mellores álbums dos anos 70 e Rolling Stone colocouno no númer 441 da súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos. O disco aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.Robert Dimery; Michael Lydon (23 March 2010). 1001 Albums You Must Hear Before You Die: Revised and Updated Edition. Universe. p. 58. ISBN 978-0-7893-2074-2 O álbum tamén influenciou a artistas de varios xéneros como Bruce Springsteen, The Fleshtones, Spacemen 3,Conflict, número 48, verán de 1988 e Peaches.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Suicide Categoría:Álbums musicais de 1977 Categoría:Álbums producidos por Craig Leon