miniatura|San Martiño, ó pé dun cruceiro moderno en Ourense. Martiño é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Martinus, derivado de Mars, Martis, de Marte, o deus da guerra da mitoloxía romana. Por vir deste deus significa 'home marcial, belicoso, guerreiro'. En galego tamén ten os hipocorísticos Tiñolo e Martiñoco. Este nome deu lugar aos apelidos galego Martís, Martiz, Martíns.
En xaneiro de 2023 existían 597 varóns en Galicia co nome Martiño, cunha media de idade de 10,3 anos.Nome Martiño na Web do Instituto Galego de Estatística
Santoral Celebra a festa o 11 de novembro, por san Martiño de Tours, pero tamén pode facelo o 20 de marzo (Martiño de Dumio), o 13 de abril (san Martiño I) ou o 3 de novembro (Martiño de Porres).
San Martiño de Tours
Martiño de Tours (316-397) foi un soldado romano, natural da actual Hungría, que, segundo a lenda, rachou a súa capa en dúas para darlle a metade a un pobre morto de frío Deulle só media capa porque, daquela, a metade de tódalas súas pertenzas correspondíalle ó César.. Logo deixou o exército, bautizouse e pasou ó servizo de santo Hilario, en Poitiers, onde o nomearon bispo no 370.
Martiño noutras linguas Alemán: Martin Aragonés: MartínEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Martino, Martín Bretón: Marzhin Castelán: Martín Catalán: Martí Éuscaro: Martiñ / Matxin / Matin / Martiko Francés: Martin Inglés: Martin Italiano: Martino Neerlandés: Maarten Polaco: Marcin Portugués: Martim / Martinho Romanés: Martin Ruso: Martin
Martiños famosos Martín Codax trobador galego do século XIII, ao que foi dedicado o Día das Letras Galegas de 1998 xunta a Johan de Cangas e Mendinho; Martiño I o Humano, rei da coroa de Aragón; Martin Luther King, activista que defendeu os dereitos dos negros estadounidenses; Martiño Lutero, iniciador da Reforma protestante; Frei Martín Sarmiento (1695-1772).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos