Moldova presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2013. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Moldova para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2013(86ª) Toti copiii domnului Romanés e italiano Adrian Popovici 2014(87ª) La limita de jos a cerului Romanés Igor Cobileanski 2022(95ª) Carbon Romanés e ruso Ion Borș 2023(96ª) Tunete Romanés Ioane Bobeica
Notas
Categoría:Cinema de Moldova Molova