George Lucas Coser, nado en Tapejara o 20 de febreiro de 1984, é un futbolista brasileiro. Xoga de defensa e actualmente atópase sen equipo.
Traxectoria George Lucas chegou ao fútbol galego ao asinar contrato co Celta de Vigo o 19 de xullo de 2006, despois de estar varios meses a proba. Posúe pasaporte comunitario por dobre nacionalidade brasilo-italiana, polo que non conta praza da cota reservada a extracomunitarios. A súa posición é de lateral dereito.
Anteriormente xogara no Grêmio (2004) e no Atlético Mineiro (2005). O contrato asinado vincúlao ao Celta de Vigo por unha tempada, con opción a tres máis.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados no estado do Río Grande do Sur Categoría:Nados en 1984 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Grêmio Foot-Ball Porto Alegrense Categoría:Xogadores do Clube Atlético Mineiro Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Santos FC Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do Avaí Futebol Clube Categoría:Xogadores do Esporte Clube Pelotas Categoría:Xogadores do Ituano Futebol Clube Categoría:Xogadores do Sport Club do Recife