miniatura|200px|A directora indonesia Nia Dinata, cuxos filmes foron presentados en dúas ocasións para o Óscar ó mellor filme internacional. Indonesia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez dende o ano 1987. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, vinte e seis filmes de Indonesia foron presentados para o Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. O país tentou presentar un filme en 1988, mais a proposta foi descualificada por carecer de subtítulos en inglés.

Os únicos directores indonesios que presentaron máis dun filme nesta categoría foron Nia Dinata e Garin Nugroho. Ca-bau-kan de Dinata foi a proposta de Indonesia na 75ª edición dos Óscar e Berbagi Suami na 79ª edición dos premios.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Indonesia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1987(60ª) Nagabonar 1989(62ª) Tjoet Nja' Dhien 1990(63ª) Langitku Rumahku 1992(65ª) Bibir Mer 1998(71ª) Daun di Atas Bantal 1999(72ª) Sri 2002(75ª) Ca-bau-kan 2003(76ª) Biola Tak Berdawai 2005(78ª) Gie 2006(79ª) Berbagi Suami 2007<small>(80ª) Denias, Senandung di Atas Awan 2009<small>(82ª) Jamila dan Sang Presiden 2010<small>(83ª) Alangkah Lucunya (Negeri Ini) 2011<small>(84ª) Di Bawah Lindungan Ka'bah 2012<small>(85ª) Sang Penari 2013<small>(86ª) Sang Kiai 2014<small>(87ª) Soekarno: Indonesia Merdeka 2016<small>(89ª) Surat dari Praha 2017<small>(90ª) Turah 2018<small>(91ª) Marlina, Si Pembunuh dalam Empat Babak 2019<small>(92ª) Kucumbu Tubuh Indahku 2020<small>(93ª) Perempuan Tanah Jahanam 2021(94ª) Yuni 2022(95ª) Ngeri-Ngeri Sedap Bene Dion Rajagukguk 2023(96ª) Autobiography Makbul Mubarak 2024(97ª) Perempuan Berkelamin Darah Jeremias Nyangoen 2025(98ª) Sore: Istri dari Masa Depan Yandy Laurens

Notas

Categoría:Cinema de Indonesia Indonesia