miniatura|dereita|Xevi Pons, tres veces gañador do rally, na edición de 2018. O Rally Terra da Auga é unha proba de rally organizada dende 2014 nas comarcas de Betanzos e Arzúa, polo equipo A.D.N. Motor, ligado á Escudería Coruña, e que é puntuable para o Súper Campionato de España de Rallys.
Ata 2020 foi puntuable para o Campionato de España de Rallys de Terra. Inicialmente recibiu o nome de Rally Concello de Curtis, despois pasou a chamarse Rally Terras do Mandeo e dende 2017 leva o nome actual.
Historia Na súa primeira edición disputouse no concello de Curtis, onde o piloto de Vimianzo Amador Vidal se fixo coa vitoria aos mandos dun Volkswagen Polo N1, cunha vantaxe de máis de dous minutos sobre Nil Solans que foi segundo cun Škoda Fabia S2000. O podio completouno Juan Pablo Castro cun Subaru Impreza STi N15. Ao ano seguinte a proba contou coa presenza do estoniano Karl Kruuda, piloto do Campionato do Mundo, que se impuxo con clara vantaxe co seu Citroën DS3 R5, fronte a Amador Vidal, esta vez segundo clasificado e Ángel Pérez "Lanchiñas", terceiro cun Mitsubishi Lancer Evo IX. Na súa terceira edición a organización realizou o primeiro cambio de nome, pasando a proba a chamarse Rally Terras do Mandeo. Xevi Pons, na súa segunda participación, logrou a vitoria co Peugeot 208 N5, mesmo modelo de vehículo que o que logrou o triunfo en 2017, esta vez nas mans de José Antonio Suárez. Ese ano a proba cambiou de novo o nome a rally Terra da Auga, en referencia á abundante presenza da choiva e pasou a celebrarse no mes de maio. En 2018 Pons logrou a súa segunda vitoria, esta vez co Peugeot 208 T16 e ao ano seguinte a terceira cun Škoda Fabia R5, edición que foi ademais puntuable para o recentemente estreado Súper Campionato de España de Rally. miniatura|O piloto belga Guillaume de Mevius na edición de 2019
Palmarés
AnoNomePilotoCopilotoAutomóbilSeries20141º Rally Concello de Curtis Amador Vidal Fran LemaVolkswagen Polo N1CERT20152º Rally Concello de Curtis Karl Kruuda Martin JärveojaCitroën DS3 R5CERT20163º Rally Terras do Mandeo Xevi Pons Xavier AmigòPeugeot 208 N5CERT20174º Rally Terra da Auga José Antonio Suárez Cándido CarreraPeugeot 208 N5CERT20185º Rally Terra da Auga Xevi Pons Rodrigo SanjuanPeugeot 208 N5CERT20196º Rally Terra da Auga Xevi Pons Rodrigo SanjuanŠkoda Fabia R5CERT, S-CER20207º Rally Terra da Auga Nil Solans Claudi RibeiroŠkoda Fabia R5CERT, S-CER20218º Rally Terra da Auga José Antonio Suárez Alberto IglesiasŠkoda Fabia R5S-CER, CERT miniatura|Os irmáns Sergio e Diego Vallejo na edición de 2019.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Escudería La Coruña
Categoría:Deporte en Curtis Categoría:Deporte en Arzúa