miniatura|Gavin Hood foi o director do primeiro filme surafricano gañador do premio. Suráfrica presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1989. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Dous filmes de Suráfrica foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional: Yesterday de Darrell Roodt e Tsotsi de Gavin Hood. Tsotsi de Hood gañou o premio na 78ª edición dos premios, converténdose no primeiro e único filme surafricano en conseguilo.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Suráfrica para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1989(62ª) Mapantsula Zulú, afrikaans, sesotho e inglés 1997(70ª) Paljas Afrikaans 2004(77ª) Yesterday Zulú 2005(78ª) Tsotsi Sesotho, tswana, afrikaans e inglés 2008(81ª) Jerusalema Sesotho, inglés e tsotsitaal 2009(82ª) White Wedding Zulú, xhosa, afrikaans e inglés 2010(83ª) Life, Above All Sesotho do norte 2011(84ª) Skoonheid Afrikaans 2012(85ª) Little One Zulú 2013(86ª) Four Corners Afrikaans 2014(87ª) Elelwani Venda 2015(88ª) Thina Sobabili: The Two of Us Zulú 2016(89ª) Noem My Skollie Afrikaans 2017(90ª) Inxeba Xhosa 2018(91ª) Sew the Winter to My Skin Afrikaans, xhosa e inglés 2019(92ª) Knuckle City Xhosa 2020(93ª) Toorbos Afrikaans Rene van Rooyen 2021(94ª) Barakat Afrikaans e inglés 2023(96ª) Music Is My Life – Dr. Joseph Shabalala and Ladysmith Black Mambazo Zulú e inglés 2024(97ª) Old Righteous Blues Afrikaans 2025(98ª) The Heart Is a Muscle Afrikaans e inglés

Notas

Categoría:Cinema de Suráfrica Suráfrica