José Sánchez García, nado en Serón de Nágima (Soria) o 19 de marzo de 1897 e finado no Rosal o 19 de novembro de 1948,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 21-11-1948, p. 2, 4. foi un mestre, político e empresario español.

Traxectoria Mestre nacional, aprobou as oposicións a mestre na Escola Normal de Zaragoza. Foi mestre de Fornelos dende 1922. Desde a súa escola foi propulsor da agricultura e a gandaría do concello do Rosal. Introduciu o mirabel, a alfalfa e varios tipos de remolacha. En 1938 fundou a fábrica Conservas Vegetales José Sánchez García, que despois cambiou o seu nome por A Rosaleira, e organizou a cooperativa do campo El Pilar.

Militante de Acción Popular, participou nos mitins políticos das eleccións de febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 15. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi nomeado alcalde do Rosal a principios de agosto.El Pueblo Gallego, 2-8-1936, p. 7. Volveu ser alcalde en dúas ocasións. Foi fundador e logo secretario da Unión Territorial de Cooperativas del Campo e vicepresidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra.

Recoñecementos

Foi nomeado comendador da Orde civil do Mérito Agrícola e cabaleiro da Orde de Cisneros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Un extranjero en el Edén gallego

Categoría:Profesores de España Categoría:Alcaldes do Rosal Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados na provincia de Soria Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1948