A Copa do Rei de hóckey a patíns 2020 será a 77ª edición da Copa do Rei. A competición, que debía disputarase entre os días 19 e 22 de marzo de 2020 na cidade galega da Coruña, foi aprazada pola epidemia de coronavirus rexistrada en España nos primeiros meses do ano. Será a segunda vez que se disputen de xeito conxunto as copas do Rei e da Raíña logo da edición precedente disputada na cidade catalá de Reus.

Sede

Todos os partidos da fase de grupos e da fase final celebráronse no Pazo dos Deportes de Riazor, pavillón con capacidade para 4 425 espectadores e unha pista de xogo de parquet cunhas dimensións de 20 × 40 metros, e que é o fogar do principal equipo de hóckey a patíns da cidade herculina e de Galiza, o Hockey Club Liceo. A construción do pavillón comezou en novembro de 1968, precisamente cun partido de hóckey a patíns entre a selección española e un combinado de xogadores do resto do mundo, sobre unha superficie de 5.840 m², baixo a dirección do arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira e foi remodelado en 2011 cun investimento de 2,4 millóns de euros.

Esta será a cuarta vez que o Pazo dos Deportes de Riazor acolleu a fase final da Copa do Rei, se ben o recinto acolleu en tres ocasións competicións internacionais de seleccións absolutas de hóckey a patíns, logo de ter acollido dúas veces o Campionato do Mundo, en 1972 e 1988, e unha vez o Campionato de Europa en 2018.

Aprazamento da competición O día 10 de marzo de 2020, a Real Federación Española de Patinaxe (RFEP) decidiu aprazar a competición copeira que debía disputarse na cidade galega entre o 19 e o 22 de marzo, seguindo as instrucións do Ministerio de Sanidad de España de celebrar todos os eventos deportivos a porta pechada. Dous días despois, o 12 de marzo, o ente federativo emitiu un comunicado na súa páxina web no que informaba da suspensión cautelar de todas as competicións ata o 3 de abril con motivo da epidemia de coronavirus decretada en España e que motivou a declaración do estado de alarma en todo o territorio español por parte do presidente do goberno español Pedro Sánchez e que entrou en vigor o sábado 14 de marzo. No mesmo comunicado, a RFEP anunciaba como datas provisionais para a disputa da competición copeira, tanto en categoría feminina como masculina, entre o 4 e o 7 de xuño.

Participantes e sistema de competición miniatura|280px|O Palacio de María Pita foi o escenario do sorteo da competición copeira. Nesta edición participarán un total de oito equipos, os oito mellores clasificados logo da primeira volta da OK Liga 2019-20. Os catro primeiros clasificados da primeira volta da OK Liga serán cabezas de serie no sorteo das eliminatorias. Todas as eliminatorias disputaranse a partido único.

O xoves 30 de xaneiro ás 12:00 celebrouse o sorteo dos cuartos de final da competición, tanto en categoría masculina como na feminina. O escenario elixido para o acto foi o Palacio de María Pita e foi presentado polo cómico galego Xosé Antonio Touriñán, ademais contou coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia José Ramon Lete, o concelleiro de Deportes da Coruña Juan Ignacio Borrego, e o presidente da RFEP Carmelo Paniagua, así como xogadoras e xogadores dos equipos clasificados en ambas categorías.

Os oito equipos participantes finalizaron co seguinte rexistro a primeira volta da OK Liga:

PosEquipoPtsPXPGPEPPGFGCDG120px Barça Lassa36 13 12 0 1 76 25 +51220px Deportivo Liceo36 13 12 0 1 63 21 +42320px Igualada Rigat25 13 8 1 4 58 47 +11420px CE Noia Freixenet23 13 7 2 4 50 34 +16520px Reus Deportiu Miró21 13 6  3 4 41 39 +2620px Garatge Plana Girona20 13 5 5 3 35  45 -10720px Recam Làser Caldes19 13 5 4 4 44 42 +2820px Calafell Tot l’Any18 13 5 3 5 39 36 +3

Cadro de competición

Notas

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da competición Sitio web da Real Federación Española de Patinaxe

Categoría:Copa do Rei de hóckey a patíns Categoría:Hóckey a patíns en 2020