Memorias dun home en pixama (título orixinal en ) é un filme galego-catalán de 2019 que mestura animación e imaxe real dirixido por Carlos Fernández de Vigo. É unha comedia romántica protagonizada por Raúl Arévalo e María Castro con música de Love of Lesbian. É unha produción de Dream Team Concept e Ladybug Films, coa participación de TV3, TVE, Movistar + e À Punt. Estreouse o 4 de xaneiro de 2019. Gañou o premio Gaudí ó mellor filme de animación.
Na 17ª edición dos Premios Mestre Mateo, estivo nomeado a tres premios nas categorías de mellor filme, mellor guión e mellor música orixinal, mais finalmente non acadou ningún galardón.
Sinopse Paco, un home único nos seus corenta anos, consegue o que sempre quería facer: traballar en pixama dende casa. Pero cando pensou atopar a suma de felicidade, aparece Jilguero na súa vida de quen se namora tolamente.
Personaxes Raúl Arévalo como Paco María Castro como Jilguero Manuel Manquiña como mensaxeiro Santi Balmes como Escorpio Julián Saldarriaga como Tauro Elena S. Sánchez como entrevistadora
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado17ª ediciónMellor filmeCarlos Fernández de VigoNomeadoMellor guiónÁngel de la Cruz, Diana López Varela e Paco RocaNomeadosMellor música orixinalLove of LesbianNomeado
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Cataluña Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego