Belisario, nado cara o 505 e finado en marzo de 565, foi un dos xenerais máis destacados do Imperio Romano de Oriente durante o reinado de Xustiniano I. Belisario foi fundamental na reconquista de gran parte do territorio mediterráneo pertencente ao antigo Imperio Romano de Occidente, que se perdera menos dun século antes. É considerado un dos maiores comandantes militares de Bizancio e da historia militar.

Traxectoria Os seus primeiros éxitos bélicos viñeron na batalla de Dara durante as guerra ibéricas derrotou ao Imperio Sasánida que forzou a asinar o tratado da Paz Eterna (532), logo de décadas de guerra pola soberanía sobre o Reino de Iberia.

Axudou a sufocar a revolta de Niká en Constantinopla que ameazaba con derrocar ao emperador Xustiniano en 532.

A continuación, ao mando de 15 000 homes, conquistou o Reino Vándalo de África do Norte e apreixou ao seu último rei, Xelimero. Desde o Norte de África tomou Sicilia e pasou ao Reino Ostrogodo, na coñecida como guerra gótica, onde iniciaría unha ascensión cara ao norte, ocupando Rávena no 539 e apresando ao rei Vitixes.

Nunha segunda expedición, no ano 548, conquistará Roma, a cal permanecerá en poder de Bizancio durante algunhas décadas.

Ao seu regreso definitivo a Constantinopla recibiu o título de magister militum per Oriente e nese cargo ocupouse de defender a capital do imperio fronte ao ataque duns invasores que as fontes bizantinas definen como hunos no ano 559. En realidade tratábase dunha coalición de pobos eslavos entre os que destacaban os recentemente chegados búlgaros desde a actual Rusia.

No 562 foi acusado de participar nunha conspiración contra Xustiniano polo que foi encarcerado, pero foi liberado ao ano seguinte. Unha lenda, demostrada como falsa, afirma que Xustiniano ordenou deixalo cego. Faleceu en 565, pobre pero en paz.miniatura|Belisario, por Jacques-Louis David (1781)|centro

Notas

Categoría:Militares do Imperio Bizantino Categoría:Finados en 565 Categoría:Nados en 505