O sardo (sardu en lingua sarda) é unha lingua neolatina propia da Sardeña falada polo pobo sardo. Ata moi recentemente non contou cunha norma común ás diferentes variedades da lingua. Desde 1997 é lingua oficial, xunto coa lingua italiana, da Rexión Autónoma da Sardeña, o que impulsou a elaboración dunha proposta de normativa común denominada Lingua Sarda Unificada (2001). Na LSU baséase a Lingua Sarda Común que se emprega nos documentos oficiais da Rexión Autónoma. Considérase a máis conservadora das linguas derivadas do latín. O sardo está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Variedades
Sardo logudorese, no norte e parte do centro de Sardeña, é a variedade en que se escribiu a maioría da literatura sarda. Comprende á súa vez dous dialectos do logudorés común (Logudorese comune) e do sardo nuorés (Sardo nuorese); constitúe a forma máis arcaica, con maior prestixio e viveza cultural; Sardo campidanese, falado na rexión histórico-xeográfica do Campidano, na parte centro-meridional de Sardeña; é a variedade que ten máis falantes; presenta fortes influxos cataláns e toscanos.
Tamén se consideran dialectos sardos, aínda que presentan unha estrutura gramatical máis similar ao corso e con fortes influxos lígures e toscanos, as seguintes variantes: Gallurese, falado na parte nordeste da illa, en Gallura, é unha variedade lingüisticamente máis próxima ó corso que ó sardo pero considérase parte do sardo. Sassarese, propio da cidade de Sassari, en Porto Torres e en zonas circundantes, posúe características de transición (intermedias) entre o galurés e o logudorés, derivados tamén da forte influencia exercida polos dominadores pisanos, xenoveses e cataláns.
Ámbito de difusión É falada en toda a illa, coa excepción da cidade de Alguer (onde falan catalán), e nas illas menores circundantes, salvo en San Pietro e parte de San Antíoco (onde persiste o dialecto lígur tabarquino).
Recoñecemento institucional A lingua sarda foi recoñecida coa lei rexional Nº 26 do 15 de outubro de 1997 como segunda lingua oficial de Sardeña, á beira do italiano. A lei rexional aplica e regulamenta algunhas normas do estado italiano en tutela das minorías lingüísticas. Os códigos ISO 639-3 son: sardo campidanés: "sro" sardo logudorés: "src" galurés: "sdn" sasarés: "sdc"
Vocabulario Táboa de comparación das linguas neo-latinas:
{| class="wikitable" border="2" cellpadding="4" cellspacing="0" |----- bgcolor="#eeeeee" ||Latín|| Francés || Italiano|| Galego|| Occitano|| Catalán|| Portugués|| Romanés|| Sardo|| Corso|| Siciliano
||clave ||clef||chiave ||chave ||clau||clau||chave||cheie||crae ||chjave/chjavi||chiàvi|----- ||noctem ||nuit||notte ||noite ||nuèit/nuèch||nit||noite||noapte||notte ||notte/notti||notti
||cantar ||chanter ||cantare ||cantar ||cantar ||cantar ||cantar ||a cânta ||cantar ||cantà ||cantàri
||capra ||chèvre||capra ||cabra ||cabra||cabra||cabra||capra||cabra ||capra||capra|----- ||lingua ||langue||lingua ||lingua ||lenga||llengua ||língua ||limbă ||limba||lingua ||lingua
||platea||place ||piazza||praza||plaça ||plaça ||praça ||piaţă ||pratha/pratza||piazza ||chiazza
||pons||pont ||ponte||ponte'||pònt||pont||ponte||pod||ponche||ponche/ponti ||ponti
||ecclesia||église ||chiesa||igrexa||glèisa ||església ||igreja ||biserică ||creia/cresia||ghjesgia ||cresia
||hospitalis||hôpital ||ospedale||hospital||espital ||hospital ||hospital ||spital ||ispidale||spedale/uspidali ||spitàli
||caseuslat. vulg.formaticum ||fromage ||formaggio||queixo||formatge ||formatge ||queijo ||brânză ||casu||casgiu ||furmàggiu/caciu
Morfoloxía e sintaxe En moitos aspectos diferénciase dun xeito dabondo claro do italiano e outras linguas neolatinas, especialmente no verbo, así: O futuro simple: fórmase mediante o auxiliar haber máis a preposición "a" e o infinitivo. Ex.: appo a narrere (direi), as a narrere (dirás, has de dicir). O condicional: fórmase utilizando unha forma modificada do verbo deber máis o infinitivo. Ex.: dio narrere (diría), dias narrere (dirías). Forma progresiva: fórmase co auxiliar ser máis o xerundio. Ex.: so andende (estou indo/andando). Imperativo negativo: analogamente ás linguas románico-ibéricas, o imperativo negativo fórmase usando a negación "no" máis o subxuntivo. Ex.: no andes (non vaias/andes).
Ortografía e pronuncia Non existe unha ortografía unificada. Unha das súas principais características é a chamada vocal epentética''', que é aquela que en pausa pecha unha palabra que termina en consoante e non se escribe nunca.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en sardo Ligazóns externas Accademia campidanese dei lingua sarda (en sardo campidanés) Ditzionàriu online - Dizionario della lingua sarda (en sardo, italiano e inglés) Sa Limba sarda (en italiano e inglés, inclúe unha gramática)
Categoría:Linguas románicas meridionais Categoría:Linguas de Italia Categoría:Linguas de Sardeña