Isabella Leonarda, nada en Novara o 6 de setembro de 1620 e finada na mesma cidade o 25 de febreiro de 1704, coñecida como La musa di Novara, foi unha relixiosa e compositora italiana do barroco. Pertencía a unha importante familia, o seu pai Ginnantonio Leordani era conde e avogado, e tamén os demais membros da súa familia eran destacados financeiros.
Traxectoria Isabella Leonarda, aos 16 anos, entrou como noviza no convento de Santa Úrsula de Novara debido á súa alta situación social, seguindo a tradición.
Estudou con Gasparo Casati, compositor. Estivo no convento toda a súa vida, que dedicou a compoñer obras musicais. Obtivo os títulos de madre superiora en 1686, e de madre vigaira en 1693. Leonarda pensaba que o principio da música era Deus, considerado unha consonancia perfecta e a santísima trindade, a tríade harmónica.
As súas obras son de case tódolos xéneros sacros: motetes e concertos sagrados para unha a catro voces, diálogos sagrados latinos, salmos, responsorios, magnificats, ladaíñas, misas e sonatas da chiesa. A obra máis abundante de Isabella Leonarda foi o motete en solitario, pero a maioría dos seus notables logros veñen das súas sonatas. Foi a primeira muller en publicar sonatas, compoñendo moitas en toda a súa vida, por exemplo, Sonatas 1-11 para dous violín, viola e órgano.
Obra
Motetes a tres voces,Op. 2 (Milán 1665 perdido) 18 conciertos sacros, (Milán 1670) 11 Misas, (Novara 1674) 12 Motetes, Op. 6 (Venecia 1676) 13 Motetes, (Boloña 1677) 11 Vísperas a capella,Op. 8 (Boloña 1678) 12 Motetes a catro voces,Op. 10 (Milán 1684) 12 Motetes,OP. 11 (Boloña 1684) 14 Motetes para solista,Op. 12 (Novara 1686) 12 Motetes, Op. 13 (Boloña 1687) 10 Motetes, OP. 14 (Boloña 1687) 11 Motetes à voce sola, Op. 15 (Boloña 1690) 12 Sonatas a 1,2,3, e 4 instrumentos,Op. 16 (Boloña 1693) 12 Motetes, Op. 17 (Boloña 1695) 6 Misas, Op. 18 (Boloña 1696) 11 Salmos concertantes, OP. 19 (Boloña 1697) 14 Motetes, Op. 20 (Boloña 1700)
Véxase tamén
Bibliografía
Sadie, Julie Anne e Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers. W. W. Norton & Company.
Categoría:Nados en 1620 Categoría:Nados en Novara Categoría:Compositores Categoría:Finados en 1704