Benny's Video é un filme austríaco de 1992 dirixido por Michael Haneke e ambientado en Viena. O argumento do filme céntrase en Benny (Arno Frisch), un adolescente que ve boa parte da súa vida a través de imaxes de vídeo, e nos seu pais Anna (Angela Winkler) e Georg (Ulrich Mühe), que permiten que Benny se centre imaxes de vídeo e en cámaras. O filme gañou o premio FIPRESCI no Festival de Cinema Europeo de 1993. O filme foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 65ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Benny, un rapaz de 14 anos, vive nun cuarto cheo de pantallas de vídeo en que están a reproducirse imaxes violentas de desastre e suspense durante todo o día. Mesmo o que sucede na rúa só lle chega a través dunha cámara instalada diante da súa xanela. Cortou a relación cos seus pais, a miúdo ausentes, e encerrouse no mundo do vídeo.
Un día en que os seus pais non están coñece nun videoclub unha rapaza da súa idade á que invita á súa casa. Mentres el lle mostra orgulloso unha pistola de matanza, ela divírtese retándoo a empregala. Benny faino e férea gravemente. Mentres a rapaza berra, el remátaa. Toda a escena quedou gravada en vídeo.
Personaxes Arno Frisch como Benny Angela Winkler como Anna Ulrich Mühe como Georg Stephanie Brehme como Evi Stefan Polasek como Ricci Ingrid Stassner como Mädchen
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 65ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes dirixidos por Michael Haneke Categoría:Filmes rodados en Viena Categoría:Filmes ambientados en Exipto Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes sobre familias