Taurean Waller-Prince, nado o 22 de marzo de 1994 en San Marcos, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2016, Prince foi seleccionado na 12ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Utah Jazz. O 7 de xullo de 2016 foi traspasado ós Atlanta Hawks nun traspaso entre tres equipos. Durante a súa tempada de rookie, foi asignado en varias ocasións ós Long Island Nets da NBA Development League.
O 6 de xullo de 2019, Prince foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Brooklyn Nets, a cambio de Allen Crabbe, os dereitos do Draft de Nickeil Alexander-Walker e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2020.
O 14 de xaneiro de 2021, Prince foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos que mandou a James Harden ós Nets.
O 3 de agosto de 2021, Prince foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Ricky Rubio.
O 6 de xullo de 2023, Prince asinou cos Los Angeles Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Texas Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves