Langston Galloway, nado o 9 de decembro de 1991 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos UnaHotels Reggio Emilia da Lega Basket Serie A.

Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2014, Galloway xogou cos New York Knicks a Liga de Verán e a pretempada. En novembro de 2014, asinou cos Westchester Knicks, afiliado de New York na NBA Development League. O 7 de xaneiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos New York Knicks.

O 21 de xullo de 2016, Galloway asinou cos New Orleans Pelicans.

O 20 de febreiro de 2017, Galloway foi traspasado xunto a Tyreke Evans, Buddy Hield e dúas eleccións do Draft de 2017 ós Sacramento Kings, a cambio de DeMarcus Cousins e Omri Casspi. Debutou cos Kings tres días máis tarde, anotando 16 puntos na vitoria sobre os Denver Nuggets.

O 6 de xullo de 2017, Galloway asinou cos Detroit Pistons un contrato por tres anos e 21 millóns de dólares.

O 30 de novembro de 2020, Galloway asinou cos Phoenix Suns. Cos Suns chegou ás Finais da NBA 2021, onde perderon en seis partidos contra os Milwaukee Bucks.

O 16 de decembro de 2021, Galloway asinou un contrato de dez días cos Brooklyn Nets. O 26 de decembro de 2021, asinou un segundo contrato de dez días cos Nets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Baton Rouge, Luisiana Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do Pallacanestro Reggiana