O século XXX a. C. comezou o 1 de xaneiro do ano 3000 a. C. e terminou o 31 de decembro de 2901 a. C. miniatura|120px | Estela que leva o nome de Djer Acontecementos 3000 a. C., arredor dese ano se preparou e utilizou por vez primeira a área de acceso do dolmen de Dombate. 3000 a. C.: no norte de África está a desenvolverse unha agricultura temperá. 3000 a 2600 a. C.: no val do río Indo (Paquistán) empieza o período Harapa temperá. 3000 a. C.: nalgunhas rexións remata o período neolítico. 3000 a. C.: en Exipto comeza a reinar Dsher, segundo faraón do Exipto unificado. 3000 a. C.: en Turquía fundase a aldea de Troia. c. 3000 a. C.: no sur de Inglaterra comeza a construción de Stonehenge. Na súa primeira versión, constaba dun dique circular e un banco con 56 postes de madeira (segundo National Geographic, xuño de 2008). 3000 a. C.: na zona da actual Durrës (Albania) desenvolveuse a cultura Epidamnos. 3000 a. C.: no mar Exeo empeza a idade de bronce e se desenvolve a cultura das cícladas e a cultura minoica. 3000 a. C.: no Perú empeza a cultura de Norte Chico. 3000 a. C.: en Filipinas realízanse os petróglifos de Angono. 3000 a. C.: no Xapón empeza o período Jomon medio. 2955 a. C.: en Exipto morre Dsher, o segundo faraón. 2950 a. C.: primeiro uso definitivo do nome Nebti por un faraón da Primeira Dinastía de Exipto: Semerkhet. 2925 a 2776 a. C.: en Exipto estanse a desenvolver as guerras da primeira dinastía. 2920 a. C.: Dshet, terceiro faraón de Exipto. O seu reinado comeza 80 anos despois da morte do anterior faraón. 2900 a. C.: en Iraq empeza o período dinástico temperá I mesopotámico. 2900 a. C.: no Perú comeza a construírse a aldea de Caral, que será a primeira cidade en América. No Perú empeza a cultivarse o algodón (Gossypium barbadense). En Mesopotamia (actual Iraq), os sumerios inventaron a escritura por primeira vez na Humanidade.
Ciencia e Tecnoloxía Hesi é coñecido como a primeira referencia bibliográfica dun dentista en Exipto ao servizo do faraón, en estudos radiográficos se atoparon diferentes graos de dano periodontal nas momias exipcias faraónicas.
Invencións, descubrimentos, aparicións 3000 a. C. - 2000 a. C. a escritura xeroglífica en Exipto, o torno de olería na China, primeira olería en América (en Ecuador) . c. 3000 a. C. - os sumerios establecen as cidades. c. 3000 a. C.: os sumerios comezan a traballar en varios metais. c. 3000 a. C.: o coñecemento de antigos grans de Oriente Medio aparece na China antiga. 3000 a. C.-2000 a. C. - os asentamento en aldeas están moi estendidas en Mesoamérica. O Siclo aparece en Mesopotamia como unidade monetaria e de peso, ver pesos e medidas antigas, Siclo. Os gravados rupestres de Sydney datan ao redor do 3000 a. C. (Sydney, Australia).2016/03 / top-7-aboriginal-rock-art-sites / os mellores 7 sitios de arte rupestre aborixes de Australia by Australian Geographic '
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Século -XXX