Marco Emilio Emiliano (en latín, Marcus Aemilus Aemilianus)Nas moedas pararece con nomes: Marco Emiliano, Caio Emiliano e Xulio Emiliano. nado, posiblemente, no 207 ou no 214 e finado en outubro do 253, foi un emperador romano que gobernou só tres meses durante o ano 253. Naceu na illa de Xerba, na daquela provincia Mauritania (actual Tunisia). Pouco se sabe da súa vida. Foi cónsul e gobernador de Panonia e Moesia. Estivo casado con Gaia Cornelia Supera e non se sabe moito máis da súa vida persoal.

A súa suba ao trono miniatura|esquerda|Antoniniano co busto de Cornelia Supra, esposa de Emiliano A paz vergoñenta que acordara cos godos o emperador Treboniano Galo non sentou nada ben no seo do exército. O rei Gniva, quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, ostrogodos e visigodos, tentou de que lle subisen a súa contribución en ouro, esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exército a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e venceuno, volvendo os godos máis aló do Danubio, recuperando grandes cantidades de botín e liberando a miles de cidadáns romanos capturados.Zósimo, século VI

Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.

O emperador, quen se atopaba en Roma, ao saber deste nomeamento, e, a pesar de que o exército de Emiliano era moi superior, saíu para combatelo, enviando unha mensaxe ao comandante das tropas do Rhin, Valeriano, para que acudise a se xuntar con el para combater esta sublevación. Pero as tropas de Treboniano Galo e Emiliano se atoparon antes, e os lexionarios, ante a superioridade das de Emiliano, mataron o emperador Treboniano Galo e ao seu fillo Hostiliano, para se xuntar coas novas tropas e volver a Roma.

Ao chegar a Roma, o Senado recoñeceu ao novo Emperador. Pero Valeriano, que se puxera en marcha cara a Italia, non recoñeceu este nomeamento, e continuou o seu avance. De novo repetiuse a historia, xa que as tropas de Emiliano, ao ver a superioridade das de Valeriano, matan a Emiliano, rematando o seu reinado en pouco máis de 80 días, polo que poucas cousas se saben do seu goberno.

Valeriano entrou en Roma a finais do 253, sendo recoñecido inmediatamente como novo emperador, xa que ademais era de familia senatorial.

Segundo fontes antigas, Emiliano exerceu o seu breve mandato de forma moderada e mantivo boas relacións co Senado. Os autores antigos xa o consideraban un emperador de transición dende a época dos emperadores soldados. Eutropio coméntao:Eutropio, Breviarium ab urbe condita IX, 6: Aemilianus obscurissime natus obscurius imperavit ac tertio mense extinctus est.. «Emiliano procede dunha familia sen importancia, o seu reinado foi aínda menos importante e no seu terceiro mes foi asasinado».

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Emperadores romanos Categoría:Finados en 253 Categoría:Gens Emilia