miniatura|Na coloración da ave Podargus papuensis hai disrupción do seu perfil e o seu ollo está oculto nunha raia da plumaxe, polo que é unha efectiva adaptación antipredador.
A coloración disruptiva (ou camuflaxe disruptiva ou padrón disruptivo) é unha forma de camuflaxe que funciona rompendo os perfís dun animal, soldado ou vehículo militar cun padrón fortemente contrastante. Adoita ser combinado con outros métodos de cripse incluíndo a correspondencia coa cor do fondo e a contracoloración; casos especiais son a coloración disruptiva coincidente e a máscara ocular disruptiva que teñen algúns peixes, anfibios e réptiles. Esta coloración pode parecer paradoxal como forma de non ser visto, xa que a disrupción de perfís depende dun alto contraste, polo que as manchas de cor son por separado moi rechamantes.
A importancia dos padróns de alto contraste para unha efectiva disrupción foi xa sinalada en temos xerais polo artista Abbott Thayer en 1909 e explicitamente polo zoólogo Hugh Cott en 1940. Investigacións experimentais posteriores empezaron a confirmar estas predicións. Os padróns disruptivos funcionan mellor cando todos os seus compoñentes se corresponden co fondo.
Aínda que a correspondencia co fondo funciona mellor cun só fondo, a coloración disruptiva é unha estratexia máis efectiva cando un animal ou un vehículo militar teñen fondos variados.
Inversamente, os animais velenosos ou de sabor desagradable poden anunciar a súa presenza con coloracións de advertencia (aposematismo), que usa padróns que salientan en vez de disimular os seus perfís. Por exemplo, as mofetas, píntegas e bolboretas monarca teñen padróns de alto contraste que resaltan os seus perfís.
Primeiras investigacións O artista Abbott Handerson Thayer no seu libro de 1909 Concealing-Coloration in the Animal Kingdom argumentou que os animais se ocultaban por unha combinación de contracoloración e marcas "disruptivas", que xuntas "obliteran" (borran) o seu autosombreado e a súa forma. Thayer explicou que:
O libro de Hugh Cott de 1940 Adaptive Coloration in Animals introduciu ideas como o "contraste disruptivo máximo". Este utiliza liñas de cor contrastante rechamante, que paradoxalmente fan que os animais ou vehículos militares sexan menos visibles ao romper os seus perfís. Cott explica que en condicións ideais, a cor de fondo que se corresponde coa contracoloración "sería suficiente para facer un animal absolutamente invisible contra un fondo liso", pero en seguida engade que as condicións non son case nunca as ideais, xa que están cambiando constantemente, como ocorre coa luz. Por tanto, Cott argumenta que a camuflaxe ten que distorsionar as superficies percibidas como continuas dun obxecto e os seus perfís. Nas súas propias palabras, "para unha ocultación efectiva é esencial que a aparencia delatora da forma sexa destruída." Fixo unha analoxía cun carteirista que coidadosamente distrae a túa atención, argumentando que:
Ademais, Cott criticou os intentos non científicos de camuflaxe a inicios da Segunda guerra mundial, por non entender os principios implicados:
Os traballos pioneiros de Thayer e Cott son promovidos na revisión de 2006 sobre a coloración disruptiva de Martin Stevens e colegas, que sinalan que eles propuxeron unha "forma diferente de camuflaxe" respecto da tradicional "estratexia de imitar o fondo" proposta por autores como Alfred Russel Wallace (Darwinism, 1889), Edward Bagnall Poulton (The Colours of Animals, 1890) e Frank Evers Beddard (Animal Coloration, 1895); Stevens observa que a imitación do fondo sempre falla debido ás "descontinuidades entre os límites do animal e o fondo".
En animais miniatura|esquerda|A ave Caprimulgus aegyptius descansando na area protexida pola súa coloración, inmobilidade e ocultamento da sombra, xa que dá a cara ao sol
Os padróns disruptivos usan marcas fortemente contrastadas como pintas, bandas ou liñas para romper os perfís dun animal ou vehículo militar. Algúns depredadores, como o leopardo e algunhas presas potenciais como a noiteboa do deserto (Caprimulgus aegyptius), usan padróns disruptivos. Os padróns disruptivos foron definidos por A. Barbosa e colegas como "caracterizados por manchas claras e escuras de alto contraste, nunha configuración non repetitiva, que tamén proporciona camuflaxe ao distorsionaren a forma recoñecible ou orientación do animal", como no choco.
miniatura|A serpe mexicana Oxybelis aeneus oculta o seu ollo cunha banda escura coincidente, que contrasta coa súa parte inferior clara
Esta estratexia de camuflaxe parece paradoxal e contraintuitiva, xa que os perfís distorsionados dependen de usar manchas de cor que contrastan fortemente entre si, polo que as manchas en si son ben visibles. Aínda que imitar o fondo funciona mellor cun fondo simple único, a coloración disruptiva é unha estratexia máis efectiva cando un animal ou un vehículo militar poden ter que situarse sobre fondos variados.
Martin Stevens e colegas en 2006 fixeron o que eles crían era a primeira proba experimental de que "a coloración disruptiva é efectiva mesmo cando algunhas manchas de cor non se corresponden co fondo e teñen un alto contraste tanto co fondo coma con elementos do padrón adxacentes (contraste disruptivo)". Utilizaron "dianas similares a avelaíñas", algunhas que imitaban a claridade do fondo da codia dos carballo, outros non se correspondían con ese fondo, e colocaron en cada unha unha larva de verme da fariña morta. Se desaparecía o verme asumíase que un predador aviar o capturara. Atoparon que a coloración disruptiva proporcionaba a mellor protección das aves predadoras cando o padrón imitaba a luminosidade do fondo, pero incluso cando algúns elementos do padrón non se correspondían, os padróns disruptivos eran aínda mellores á hora de reducir a predación que os padróns non disruptivos ou que as dianas control uniformes (sen padrón).
miniatura|upright=1.5|As camuflaxes disruptiva e distractiva dependen ambas de marcas rechamantes, pero difiren no seu mecanismo e así no tamaño e posición das marcas para a maior efectividade.
Os padróns disruptivos poden tamén ocultar características específicas. Animais como os peixes, aves, ras e serpes poden ser detectados doadamente polos seus ollos, que son necesariamente redondos e escuros. Moitas especies ocultan o seu ollo cunha máscara ocular disruptiva, que ás veces contrasta cunha lista sobre os ollos, que fai que o ollo pareza parte da área escura de fondo. Cott chamou a este caso especial "padrón disruptivo coincidente".
Outro mecanismo de camuflaxe, as marcas distractivas, tamén consisten en marcas conspicuas e durante un século, desde a descrición inicial de Thayer, foron consideradas iguais que as disruptivas, pero requiren diferentes tipos de marcas. Para a distracción, as marcas deberían ser pequenas e deberían evitar o contacto co perfil das presas para desviar a atención delas, mentres que as marcas disruptivas deberían estar en contacto co perfil para distorsionalo.
O caso oposto: aposematismo
miniatura|O oposto da disrupción: Salamandra salamandra, anuncia que non é comestible con brillantes cores de advertencia, en manchas que salientan a forma do seu corpo.
Moitos animais velenosos ou de mal sabor que anuncian a súa presenza con coloracións de advertencia (aposematismo) usan padróns que salientan en vez de distorsionar os seus perfís. Por exemplo, as mofetas, píntegas e bolboretas monarca teñen padróns de alto contraste que exhiben os seus perfís. Estes padróns de advertencia aproveitan o principio oposto ao da coloración disruptiva, para que cause exactamente o efecto oposto: facer que o animal sexa o máis visible posible. Algúns lepidópteros, como a avelaíña Parasemia plantaginis, son á vez aposemáticas e de cores disruptivas; contra un fondo verde vexetal a súa coloración aposemática destaca, pero no chan as súas ás camúflanas entre as follas mortas e a sucidade.
Un caso discutido: a xirafa
miniatura|esquerda|Unha rechamante nai xirafa pode defenderse por si mesma, pero a súa cría depende da súa camuflaxe.
A presenza de marcas vivas non é por si soa unha proba de que un animal confía na súa camuflaxe para a súa protección. Roosevelt atacou a Thayer na páxina 191 argumentando que nin a cebra nin a xirafa son "'obliteradas adecuadamente' pola súa contracoloración ou padron de coloración ou ningunha outra cousa." Segundo Mitchell, as xirafas adultas son "inevitablemente conspicuas", chegando á conclusión de que o feito de que os seus padróns sexan para a camuflaxe parece contraintuitiva, pero cando están entre as árbores e arbustos, a súa camuflaxe é efectiva incluso a poucos metros de distancia. miniatura|O perfil irregular da bolboreta Polygonia c-album evita a forma típica de boltereta.
Ademais, as xirafas novas son moito máis vulnerables á predación que as adultas: entre o 60% e o 75% das crías morren no seu primeiro ano. As nais agochan as súas crías, que pasan moito do seu tempo deitadas a cuberto. Como a presenza da nai non afecta á súa supervivencia, Mitchell suxire que as xirafas novas deben estar extremadamente ben camufladas. Isto está apoiado polo feito de que as marcas da pel son fortemente herdables. Inversamente, en vez de ocultarse, as xirafas adultas móvense constantemente para ter a mellor panorámica para ver os predadores que se aproximan, e confían no seu tamaño e capacidade de defenderse dos leóns.
Outros xeitos de ocultar os perfís
Os perfís do corpo dun animal poden ser difíciles de ver por outros métodos, como utilizar un perfil moi irregular. Por exemplo, a bolboreta Polygonia c-album, é moi críptica cando ten as ás pechadas, con cores crípticas, padróns disruptivos e marxes externas irregulares nas ás.
En plantas miniatura|Moitas plantas de sotobosque como a Smilax bona-nox son variegadas con marcas claras que poden servirlles de camuflaxe.
A posibilidade dunha coloración protectora en plantas foi pouco estudada. T. J. Givnish e Simcha Lev-Yadun propuxeron que a variegación nas follas con manchas brancas pode servir como camuflaxe en plantas forestais de sotobosque, onde hai un fondo veado. Porén, Lev-Yadun tamén suxeriu que marcas similares serven como coloración de advertencia conspicua en plantas espiñosas ben defendidas de hábitats abertos, onde o fondo é uniformemente brillante. Givnish atopou unha correlación de pintas nas follas cos hábitats pechados. A camuflaxe disruptiva tería unha clara vantaxe evolutiva en plantas: tenderían a salvarse de ser comidas polos herbívoros; e a hipótese é comprobable.
Uso militar
miniatura|upright=0.7|esquerda|Un soldado aplicándose un debuxo disruptivo na face; o seu casco e uniforme son ambos disruptivos.
A coloración disruptiva é común no uso militar, para vehículos militares, para posicións de tiro e outras instalacións, e para soldados individualmente, nos que os uniformes, equipamentos como os cascos e pintura facial poden usarse para romper os perfís e características. Porén, a coloración disruptiva non sempre consegue a cripse por si soa, xa que un animal ou unha diana militar poden ser detectados por outros factores como a forma, brillo e sombra.
miniatura|upright=0.7|Padrón de camuflae US Woodland (bosque norteamericano). Moitos padróns de camuflaxe militares desde a década de 1940 son de coloracións disruptivas e o padrón US Woodland das forzas armadas dos Estados Unidos úsase desde 1981, o padrón disruptivo converteuse nunha característica dominante dos uniformes militares. Desde 1969, o material de padrón disruptivo empezou a substituír o material monocor dos uniformes nas Forzas Armadas Británicas e foi usado posteriormente en moitos outros exércitos.
Retos
upright=0.7|miniatura|esquerda|O Flecktarn 1990 da moderna Alemaña é un padrón non dixital deseñado para distorsiona os perfís a diferentes distancias.