Dositeo Casanova Álvarez, nado na Pobra do Brollón e finado en Lugo o 7 de marzo de 1938, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Foi elixido concelleiro da Pobra do Brollón en 1931. Con motivo da revolución de Asturias foi detido; xulgado en Lugo acusado de auxilio á rebelión, foi condenado a seis anos e un día de prisión.El Pueblo Gallego, 10-1-1935, p. 9. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi amnistiado e reposto no cargo de concelleiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de outubro e ingresado na Cadea de Lugo. Xulgado en Lugo en consello de guerra por adhesión á rebelión o 8 de outubro de 1937,El Pueblo Gallego, 9-10-1937, p. 9. foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo o 7 de marzo de 1938 con Antonio Reboiro Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Concelleiros da Pobra do Brollón Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido