Andrés Marcelino Cisneros Pereiro, nado en Sar, Santiago de Compostela, o 26 de abril de 1820 e finado na Coruña en 1895, foi un fotógrafo pioneiro galego.
Traxectoria miniatura|300px|Praza do Obradoiro, de terra, en 1858. Foi fillo de María Pereiro e Valentín Cisneros, que era carpinteiro. Andrés emigrou a Cuba e Porto Rico, onde casou. De volta a Compostela, arredor de 1855, rexentou un estudio na rúa do Vilar, onde facía retratos ao óleo e miniaturas, e unha galería na Rúa Nova, onde facía talbotipos. Cisneros foi o primeiro fotógrafo galego con estudio propio.
Isabel II visitou a comezos de setembro de 1858 a Exposición Rexional Galega, montada no claustro do Mosteiro de San Martiño Pinario, visita na que non estivo acompañada polo fotógrafo da corte Charles Clifford. Daquela, a casa real encargoulle a Cisneros un álbum de fotografías da cidade, unha colección de dezanove estampas que son unhas das máis antigas de Galicia. O álbum consérvase no Arquivo do Palacio Real de Madrid.
Cisneros foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1895 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos