220px|miniatura|Tripulación do Apollo 15. Worden é o do medio. Á súa esquerda, Scott, e á súa dereita, Irwin. Alfred Merrill Worden, nado 7 de febreiro de 1932 en Jackson, Míchigan e finado o 17 de marzo de 2020 en Sugar Land, Texas, foi un maior da forza aérea dos EEUU e astronauta da NASA que participou no Apollo 15.

Traxectoria No ano 1971 participou na misión, protagonizando o primeiro paseo espacial no espazo profundo, de 38 minutos. Xunto cos seus compañeiros, foi posteriormente enxuiciado por aproveitarse persoalmente da súa misión para facer cartos, levando material de correos na viaxe, que venderon despois a unha empresa alemá. Despois do voo foi executivo no Ames Research Center da NASA en California dende 1972 a 1975, pasando logo á industria aerospacial privada. No 1974 publicou un libro de poesía, “Hello Earth: Greetings From Endeavour”.

Notas

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados no condado de Jackson, Míchigan Categoría:Finados en 2020 15 Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Militares dos Estados Unidos de América