O dereito de morrer é un concepto ético e xurídico que sostén a liberdade dun ser humano para acabar coa súa vida ou para someterse a eutanasia voluntaria. Habitualmente alúdese á posesión deste dereito por parte de persoas cunha enfermidade terminal ou sen a vontade de continuar vivindo, ás que se pode permitir acabar coa súa propia vida, rexeitar un tratamento que prolongue a súa vida ou o uso do suicidio asistido ou a eutanasia. A cuestión de quen debería poder exercer este dereito adoita ser central no debate.

Algúns académicos e filósofos como David Benatar consideran este debate nos termos do antinatalismo. Debido a que os seres humanos non teñen capacidade de axencia no seu nacemento, ninguén debería ter autoridade sobre a decisión dunha persoa de continuar vivindo ou de morrer.

Os defensores do dereito a morrer adoitan asocialo coa idea de que o propio corpo e a propia vida son unicamente propiedade dun mesmo e débese dispoñer deles como se considere conveniente. Aínda así, adóitase contrapor un interese estatal lexítimo que impida os suicidios irracionais. Por exemplo, Avital Pilpel e Lawrence Amsel consideran:

As posturas relixiosas en torno ao suicidio varían desde as prácticas hinduístas e xainistas de suicidio non violento a través do xaxún (prayopavesa e salekana, respectivamente) até consideralo un pecado grave, como no catolicismo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eutanasia Morte digna Homicidio Suicidio

Categoría:Dereito Categoría:Morte Categoría:Suicidio