Gabriela González, nada en Córdoba (Arxentina) o 24 de febreiro de 1965, é unha física, investigadora e profesora arxentina. É coñecida maiormente polas súas contribucións na investigación sobre ondas gravitacionais, e por ser a portavoz do proxecto de investigación de ondas gravitacionais LIGO. Ten no seu haber máis de 100 publicacións realizadas sobre o seu campo de estudo. En abril de 2017 recibiu o premio NAS ao descubrimento científico da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

Traxectoria Gabriel é filla de Dora Trembinsky (profesora de Matemáticas) e Pedro González (licenciado en Ciencias Económicas). Realizou os seus estudos primarios na cidade de Córdoba, no Colexio Luterano Concordia. Os estudos secundarios realizounos no Instituto Dr. Manuel Lucero, de Alta Córdoba.

Realizou os estudos superiores na Facultade de Matemática, Astronomía e Física (FAMAF) na Universidade Nacional de Córdoba (UNC) na que se licenciou en 1988. Sempre estivo vinculada á FAMAF, de feito, foi presidenta do centro de estudantes e sempre mantivo un contacto permanente a nivel científico con ela. Segundo Gabriela, uniuse á familia da física porque cría que esa ciencia podía responder todas as preguntas, pero máis tarde deuse conta que a física non ten unha resposta para todo senón que crea máis preguntas que respostas. esquerda|miniatura|250x250px|González durante unha charla no Planetario Galileo Galilei de Buenos Aires, en xullo de 2018 Posteriormente, asentouse en Estados Unidos para estudar na Universidade de Siracusa (en 1989 baixo a tutela de Peter Sawlson), onde obtivo o seu doutoramento en 1995, e especializouse no MIT, onde logo traballou como investigadora do mesmo xeito que na Universidade Estatal de Pensilvania.

En abril de 2017, exercía como investigadora na Universidade Estatal de Luisiana e era portavoz do grupo de colaboración científica de LIGO (Observatorio de Livingston), e da que foi integrante basicamente dende os seus comezos. Xunto ao seu grupo de traballo, dedícase á calibración e á mellora dos detectores de ondas. En 2008 converteuse na primeira muller en recibir unha cátedra completa para o seu departamento na universidade.

Publicou varios artigos sobre o movemento browniano como un límite á sensibilidade na detección de ondas gravitacionais, e ten un interese en análise de datos para a astronomía de ondas gravitacionais.

En febreiro de 2016 foi unha dos catro científicos de LIGO que anunciaron a primeira observación ondulatoria gravitacional, detectada en setembro de 2015, os outros tres foron David Reitze, Rainer Weiss e Kip Thorne.

González considera que “a ciencia irá moito mellor cando teñamos tantas mulleres como homes” e cre que iso ocorrerá cando caian os mitos sobre os físicos e os xenios, que afastan ás mulleres da investigación, e se recoñeza que na profesión traballa xente normal con vidas normais.

Achegas científicas O descubrimento máis importante efectuado polo grupo de científicos do laboratorio LIGO liderado por Gabriela é, a data de abril de 2017, a confirmación da existencia das ondas gravitacionais. Con todo, nun principio non se lle concedeu demasiada importancia a este achado, aínda que as probas realizadas con posterioridade acabaron determinando que, efectivamente, atopáronse probas fiables da existencia das ondas gravitacionais.

Premios e recoñecementos

2007ː Premio Edward A. Bouchet 2016ː Premio Domingo Faustino Sarmiento, outorgado polo Senado da Nación Arxentina. 2016ː Seleccionada como unha dos científicos máis influentes de 2016 pola revista Nature. 2017: Premio Bruno Rossi 2017: Premio anual da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos ao descubrimento científico, xunto a David Reitze e Peter Saulson.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Córdoba, Arxentina Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Córdoba Categoría:Alumnos da Universidade de Syracuse Categoría:Físicos da Arxentina