A Costa Ártabra é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que abrangue 7545 ha. dos concellos de Cariño, Cedeira, Ferrol, Narón, Valdoviño, Ortigueira, Ares e Mugardos. A costa caracterízase polos seus cantís caendo sobre o mar coa presenza de lagoas de gran valor para as aves, como a lagoa de Doniños ou a de Valdoviño.

É unha zona de especial protección de aves. As zonas húmidas da lagoa e areal de Valdoviño son zonas húmidas Ramsar e protexidas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arco Ártabro

Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Zonas de especial protección para as aves de Galicia