Alfama é o máis antigo e un dos máis típicos barrios da cidade de Lisboa. Dende 2012, abrangue unha parte da freguesía de Santa Maria MaiorLei n.º 56/2012 (Reorganización administrativa de Lisboa). Diário da República, 1.ª Série, n.º 216. Data de acceso: 25/11/2012. e outra da freguesía de São Vicente. O seu nome deriva do árabe al-hamma (الحمّة), que significa "fonte de augas quentes, augas boas’.

As vistas máis espectaculares sobre Alfama atópanse no paseo público formado polos miradoiros das Portas do Sol , da Torre da Igrexa de Santa Cruz do Castelo (a Torre máis alta da Lisboa antiga) e de Santa Luzia. Por cima e envolvendo Alfama están o outeiro do Castelo de San Xurxo, fortaleza e palacio real até o século XVI, e o outeiro de São Vicente. Ademais do castelo, os principais monumentos da zona son a catedral de Lisboa, a igrexa de Santo Estêvão e a igrexa de São Vicente de Fora.

Alfama é un barrio moi peculiar porque se asemella a unha aldea, no aspecto e por ter unha comunidade relativamente pequena e próxima. Tamén é coñecido polos seus restaurantes e casas de fado, así como polas festas dos santos populares, especialmente na noite de Santo Antonio de Lisboa, do 12 ao 13 de xuño.

Vistas centro|miniatura|1000x1000px|Panorama de Alfama dende a Praza das Portas do Sol.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Araújo, Norberto de. "Peregrinações em Lisboa", libro X. Colecção Conhecer Lisboa, Vega, 2.ª edición de 1993. RAMALHO, Elsa Cristina et al. "As Águas de Alfama - memórias do passado da cidade de Lisboa". Santana, Francisco. "Dicionário da História de Lisboa". Lisboa, 1994. Silva, Cristina Santos. "Famílias de Alfama - Dinâmicas e Solidariedades Familiares num Bairro Histórico de Lisboa". Lisboa, Imprensa de Ciências Sociais, 2001. ISBN 9726710723. Zimler, Richard. "O Último Cabalista de Lisboa". Lisboa, 1996.

Ligazóns externas Guía de Alfama

Categoría:Barrios de Lisboa