John McCreary Fabian, nado en Goosecreek (Texas) o 28 de xaneiro de 1939 e finado en Port Ludlow o 21 de maio de 2026, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-7 e STS-51-G. Pasou un total de 13,17 días no espazo.
Traxectoria Fabian graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade do Estado de Washington en 1962, e era máster en enxeñería aeroespacial polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1964. Tiña un doutoramento en aeronáutica e astronáutica pola Universidade de Washington en 1974.
Fabian foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, sendoo oficialmente en agosto de 1979. Formou parte das misións STS-7 e STS-51-G, pasando un total de 13,17 días no espazo. Retirouse da NASA o 1 de xaneiro de 1986.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-7 STS-51-G
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Texas Categoría:Finados en 2026