Korea Minting, Security Printing and ID Card Operating Corporation –KOMSCO–, (en coreano: 한국조폐공사; en galego "Corporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea") é unha compañía pública suroreana responsable da cuñaxe de moedas e medallas e da impresión de billetes e outros documentos de seguridade para o Goberno surcoreano."Korea Minting & Security Printing Corporation", Company-listing.org

A súa sede está na localidade de Yuseong na cidade metropolitana de Daejeon."Korea Minting and Security Printing Corporation (KOMSCO) ". Bundesamt für Sicherheit in der Informationstechnik.

Historia esquerda|miniatura|262x262px|Billetes e moedas circulantes en Corea, elaborados por KOMSCO

A compañía fundouse o 1 de outubro de 1951, en pleno desenvolvemento da Guerra de Corea. A súa primeira sede foi, con carácter provisional, un edificio de madeira na cidade de Busan."History". No sitio web de KOMSCO.

Na década de 1960 produciuse a grande expansión da empresa, coa instalación duns talleres de impresión de billetes na preexistente fábrica de papel de Daejeon e coa construción dunha nova planta para a cuñaxe de moeda en Busan.

Na década seguinte a compañía, aínda en expansión, coa creación dunha terceira planta, deu un paso cara á internacionalización coa sinatura dun acordo de subministración de papel especial de seguridade a Tailandia, en 1970.

A década de 1980 veu marcada polo establecemento dunha nova planta de papel e un notable crecemento en instalacións e en tecnoloxía para a fabricación tanto de moedas e billetes como doutros produtos, como tarxetas identificativas. Nestes anos inaugurouse tamén o Museo do Diñeiro.

A diversificación dos produtos elaborados por KOMSCO intensificouse nas décadas seguintes, do mesmo xeito que a internacionalización do seu ámbito de operacións, que se viu reforzada coa organización da XI Conferencia de Impresores de Billetes do Pacífico e coa sinatura de contratos para a fabricación de moeda doutros países como Israel, a India, Tailandia ou a Arxentina, e de billetes para Indonesia e Vietnam."S. Korea Makes Money by Making Mone y". En VOA News. 17 de xullo de 2012.

Produtos

Billetes en circulación en Corea do Sur e noutros países."Banknote". Sitio web de KOMSCO. Moedas circulantes e de colección de Corea do Sur e doutros países."Coinage". Sitio web de KOMSCO. Medallas e fichas para entidades públicas e privadas de todo o mundo."Korea Minting and Security Printing Corporation trabaja para crear medallas conmemorativas de BTS ". Btsspain.es"Korea Minting and Security Printing Corporation to Craft Chips for Seoul Casino". Mostly Economics."EXO to be the first idol to have a medal minted by the Korea Minting and Security Printing Corporation". Allkpop.com Lingotes de ouro e de prata certificados para investimento."Gold Bar & Silver Bar". Sitio web de KOMSCO. Condecoracións."Orders of Merit". Sitio web de KOMSCO. Pasaportes e tarxetas de identificación."Passport" e "ID cards". Sitio web de KOMSCO. Papeis especiais e de seguridade."Cotton Pulp". Sitio web de KOMSCO.

Galería de produtos de KOMSCO

Museo do Diñeiro de Corea (KOMSCO) miniatura|Museo do Diñeiro da KOMSCO O Museo do Diñeiro de Corea (Currency Museum of Korea), establecido en 1988, é a única institución museística dedicada en exclusiva ao diñeiro en todo o país. O museo depende de KOMSCO como unha parte dos seus servizos públicos sen ánimo de lucro e a súa visita é gratuíta. A súa colección abrangue arredor de 120.000 pezas, entre as que hai moedas e billetes en circulación tanto coreanos como do resto do mundo; moedas coreanas desde as dinastías Goryeo (918-1392) e Joseon (1392-1897) ata a actualidade, pezas conmemorativas, formas alternativas de diñeiro, selos de correos e outros obxectos. O museo estrutúrase en catro salas de exposición:"Currency Museum of Korea". Korea Tourism Organization.

Sala 1: moeda antiga. Amósase unha selección de moedas das antigas dinastías coreanas. Nesta sala é de salientar un exemplar do Gunwon Jung, de 996, a primeira moeda emitida na historia de Corea."Gunwon Jung". Educalingo.com Noutras vitrinas desta sala expóñense exemplares de moedas moi variadas, desde as conmemorativas de Xogos Olímpicos pasados e moedas especiais, ata moedas da antiga Lidia de ca. 670 a. de C. Sala 2: billetes. Nesta sala hai unha gran variedade de billetes cunha detallada información do seu proceso de produción. Sala 3: falsificación. Amósanse aquí exemplares de moedas e billetes falsos, así como as medidas que as autoridades toman para a súa detección. Sala 4: moeda actual. Moedas en circulación de arredor de 120 estados de todo o mundo, ademais de selos de correos e medallas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Casa de moeda Cuñaxe Won surcoreano Economía de Corea do Sur

Ligazóns externas Sitio web de KOMSCO Vídeo: Museo do Diñeiro (KOMSCO)

Categoría:Casas de moeda Categoría:Fabricantes de billetes Categoría:Moedas de Corea do Sur Categoría:Empresas de Corea do Sur Categoría:Historia de Corea do Sur