A Alianza Libre Europea, ALE (EFA en inglés), é un partido político europeo que agrupa diversos partidos de ámbito nacional e rexional que buscan a independencia política, ou algunha forma de devolución ou autonomía para o seu país ou rexión.
Segundo a carta da Alianza Libre Europea, os obxectivos que persegue a ALE son: a defensa do dereito ao autogoberno e á autodeterminación dos pobos, a busca dunha maior unidade europea, a mellora da representación das rexións e nacións sen estado nos organismos europeos, unha maior democratización da Unión Europea, a defensa do medioambiente, a promoción das linguas minorizadas, a defensa de políticas sociais progresistas e solidarias que aseguren unha distribución xusta da riqueza, a promoción da igualdade de xénero e a erradicación da homofobia e a transfobia.
Historia A Alianza Libre Europea formouse o 9 de xullo de 1981 a partir da xuntanza de 6 partidos nacionalistas e rexionalistas europeos que acordaron un programa conxunto na chamada Declaración de Bruxelas. Estes partidos eran: a Unión Popular de Flandres, o Partido da comunidade xermanófona de Bélxica, a Unión Popular de Alsacia-Lorena, o Partido da Terra da Bretaña, o Independent Fianna Fáil, escisión do Fianna Fáil da República de Irlanda e o Partido Nacional de Frisia. Así como dous membros observadores, a Unión do Pobo Corso e a Convergència Democràtica de Catalunya. Nesta declaración a ALE adopta como principio básico o federalismo, entendido este como a defensa de que a toma das decisións políticas se debe dar á escala o máis local posible. A esta alianza vanse sumar progresivamente distintos partidos políticos e coalicións a medida que se vai producindo a ampliación da Unión Europea.
O Bloque Nacionalista Galego, única formación política galega que forma parte da Alianza, entrará nela como membro observador en 1994 e tornarase membro de pleno dereito no ano 2000. Así mesmo, o eurodeputado José Posada formará parte do grupo parlamentario da ALE nos anos 1993-94 e 1994-99, inda que o seu partido, Coalición Galega, non se integrará nunca oficialmente na Alianza Libre Europea.
Funcionamento interno O organo de decisión supremo que regula o funcionamento da ALE é a Asemblea Xeral, que reúne anualmente a representantes dos partidos membros de pleno dereito. Esta asemblea ten as competencias para regular a admisión e expulsión dos mebros da ALE, así como para fixar os estatutos e programa político da Alianza. Así mesmo, a Asemblea Xeral elixe un Bureau, cun presidente e un secretario xeral, encargado de dirixir a ALE no período interasemblear e implementar os acordos aprobados pola Asemblea Xeral. Finalmente, existe un secretariado encargado de executar as decisións do Bureau e vixiar o correcto funcionamento da alianza a nivel diario. Así mesmo, existe o Congreso, no que teñen representación todos os partidos membros da ALE, cuxa función é a de aprobar un programa electoral conxunto antes de cada convocatoria das eleccións europeas.
A ALE conta coa súa propia organización xuvenil, as Xuventudes da Alianza Libre Europea (EFA-Youth), integrada polas distintas organizacións xuvenís dos partidos membros. Así como cunha fundación propia, a Fundación Coppieters, encargada de realizar estudos e actividades de divulgación do pensamento e valores da ALE.
Representación nas institucións europeas
Eurodeputados na lexislatura 2024-2027 Tras as eleccións europeas celebradas en 2024, a ALE ten 8 europarlamentarios que se atopan integrados nun grupo parlamentario común cos verdes no Parlamento Europeo: Alianza Libre Europea - Os Verdes. Estes son:
Diana Riba, Esquerra Republicana de Catalunya, Cataluña. Ana Miranda, Bloque Nacionalista Galego, Galicia. Vicent Marzà, Més Compromís, País Valenciano. Pernando Barrena, EH Bildu, País Vasco. Manuela Ripa, Partido Ecolóxico-Democrático, Alemaña. Johan Van Overtveldt, Nova Alianza Flamenga, Flandres. Assita Kanko, Nova Alianza Flamenga, Flandres. Kris Van Dijck, Nova Alianza Flamenga, Flandres.
Historia electoral +Número de eurodeputados conseguidos pola Alianza Libre EuropeaLexislaturaNúmero de deputadosGrupo parlamentar1979-1984Grupo de coordinación técnica1984-1989Grupo Arco da Vella1989-1994Grupo Arco da Vella1994-1999Alianza Radical Europea1999-2004Os Verdes - ALE2004-2009Os Verdes - ALE2009-2014Os Verdes - ALE2014-2019Os Verdes - ALE2019-2024Os Verdes - ALE2024-27Os Verdes - ALE
Partidos membros +Lista de partidos e coalicións que forman parte da ALEEstadoPaísPartidoAzerbaidjánNagorno-KarabakhPartido democrático de ArtsakhAlbaniaMinoría macedonia de AlbaniaAlianza Macedonia pola Integración EuropeaAlemañaBavieraPartido de BavieraSchleswig-HolsteinAsociación de electores do sur de SchleswigAustriaEslovenos de CarintiaEnotna ListaBélxicaFlandresNova Alianza FlamengaBulgariaPirinOrganización macedonia unida: Ilinden-PirinDinamarcaSchleswigPartido de SchleswigEsloveniaIstriaOljkaEspañaAndalucíaAndalucía por SíGaliciaBloque Nacionalista GalegoCataluñaEsquerra Republicana de CatalunyaAragónEstau AragonésPaís VascoEusko AlkartasunaIllas BalearesMés per MenorcaPartit Socialista de Mallorca -Entesa Nacionalista Illas CanariasNueva Canarias - Bloque CanaristaPaís ValencianoMés-CompromísFinlandiaÅlandÅlands FramtidFranciaAlsaciaUnser LandBretañaUnión Democrática BretoaCataluña NorteUnitat CatalanaCorségaFemu a CorsicaPartido da Nación CorsaOccitaniaPartido OccitanoSavoiaMouvement SabauadiaGreciaMinoría turca de Macedonia Oriental e TraciaPartido da Amizade, a Igualdade e a Paz ItaliaFriúlPatto per l’AutonomiaSiciliaSiciliani LiberiTirol do SurPartido da Liberdade de Tirol do SurVal de AostaUnion ValdôtainePaíses BaixosFrisiaPartido Nacional de FrisiaReino UnidoCornuallaMebyon Kernow GalesPlaid CymruEscociaPartido Nacional EscocésYorkshirePartido de YorkshireRepública ChecaMoraviaMovemento da Terra MoravaRomaníaMinoría húngara de TransilvaniaAlianza Húngara de TransilvaniaSerbiaVojvodinaLiga socialdemócrata de Vojvodina
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da Alianza Libre Europea Páxina web das Xuventudes da ALE Paxina web da Fundación Coppieters
Categoría:Partidos políticos paneuropeos Categoría:Alianza Libre Europea