miniatura|Miloš Biković, principal protagonista da serie. Južni vetar é unha serie de televisión serbia de 2020 emitida pola RTS dende o 19 de xaneiro. Os primeiros catro episodios baséanse no exitoso filme homónimo de 2018, mentres que o resto dos 10 episodios son secuela da trama da película.

Trama A serie traza un Belgrado contemporáneo a través da visión que dela teñen un grupo que se denomina "medio mundo", os membros dese inframundo contan a verdadeira historia dos fracasos dun home cativo nun ambiente duro. A trama da serie comeza onde rematou a primeira parte da película, é dicir, segue a vida do criminal novo Petra Maraša, detrás das reixas e ao saír en liberdade.

Actores Miloš Biković como Petar Maraš Miodrag Radonjić como Baća Dragan Bjelogrlić/Predrag Manojlović como Dragoslav Car Nebojša Glogovac como Golub Miloš Timotijević como Stupar Srđan Todorović como Jani Jovana Stojiljković como Sofija Hristo Šopov como Dimitar Mitevski Ivajlo Zaharijev como Hristo Mitevski Ljubomir Bandović como Vasilije Đurašinović Vajo

Música Toda a música da película fíxoa o selo discográfico Basiviti con sede en Belgrado. Para a serie graváronse as seguintes cancións xa presentes no filme:

Cobi e Senidah, 4 strane sveta ( canción principal do filme ) Mili, Grmi Marlon Brutal e Đus, Mače Cobi e Mili, Južni vetar gas Anđela Veštica e MCN, Grad greha Mikri Maus e Monogamija, Mojne s' nama Surreal, Hollywood

Cancións novas: Jovana Nikolić e Cobi, Pazi se (apertura da serie) Mack Dames e Djokaton, Trabaho Devito, Koka Fox e MCN, Maraš 2Bona, Joker Cobi, Devedesete Teja Dora, Oluja Gazda Paja e Marlon Brutal, Dizel Mili, Južni vetar gas 2

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Cultura de Serbia