Juliana Hatfield, nada o 27 de xullo de 1967 en Wiscasset, Maine, é unha guitarrista e compositora estadounidense que tocou nas bandas de indie rock Blake Babies e Some Girls e na actualidade actúa en solitario.

Traxectoria Hatfield naceu en Wiscasset, Maine, filla de Phillip M. Hatfield, un radiólogo, e de Julie Hatfield, unha antiga editora de moda para The Boston Globe. Medrou en Duxbury, Massachusetts, moi preto de Boston. A pesar de estar próxima a fervente cidade de Boston, en Duxbury Juliana tivo un acceso tardío ao rock. Dende pequena interesouse pola música, estudou piano e cantaba, pero só achou o seu camiño cando descubriu bandas como Replacements e Velvet Underground. Na súa época de universitaria mudouse a Boston para estudar canto no Berklee College of Music, xa coa idea de formar unha banda. Alí coñeceu a John Strohm (guitarrista) e a Brenda Love (batería) e con eles formou Blake Babies, en 1986.

Blake Babies Blake Babies lanzou o seu primeiro álbum, Nicely, Nicely, en 1987, e a partir dese momento a banda comezou a definir o seu son aproximándose a bandas contemporáneas como R.E.M. e Throwing Muses, con Juliana como principal compositora e vocalista.

A banda editou dous discos máis, Earwig e Sunburn, e converteuse nunha das bandas máis prometedoras da escena de Boston, xunto con The Lemonheads. Nese momento, xusto cando estaban a piques de dar o salto ao gran público, Blake Babies anunciou a súa disolución. Strohm e Brenda Nunes formaron Antenna e Juliana comezou a súa carreira en solitario.

Carreira en solitario O seu primeiro disco en solitario, Hey Babe, foi lanzado a través do selo Mammoth Records en 1992 e converteuse nun dos traballos independentes máis vendidos dese ano, superando a cifra das 300.000 copias vendidas. Hatfield recrutou unha sección rítmica formada polo antigo batería de Moving Targets e Bullet LaVolta Todd Phillips, e polo baixista de Thudpucker Dean Fisher, converténdose en The Juliana Hatfield Three.

Hatfield acadou o estrelato dentro do rock alternativo coa edición en 1993 de Become What You Are (baixo o nome de The Juliana Hatfield Three). Varios temas do disco foron emitidas regularmente en grandes emisoras estadounidenses, co seu tema "My Sister" converténdose no maior éxito da súa carreira, chegando ao número 1 da lista Modern Rock Tracks. Partes do vídeo de "Universal Heartbeat" aparecería nun episodio de Beavis and Butt-Head. Outra das súas cancións, "Spin the Bottle", foi usada na banda sonora da película Reality Bites (1994). Hatfield tamén apareceu na portada da revista Spin.

Discografía En solitario Hey Babe - 1992 (Mammoth) Become What You Are - 1993 (Atlantic) Only Everything - 1995 (Atlantic) Bed - 1998 (Zoë / Rounder) Beautiful Creature - 2000 (Zoë / Rounder) Total System Failure - 2000 (Zoë / Rounder) In Exile Deo - 2004 (Zoë / Rounder) Made in China - 2005 (Ye Olde Records)

Con Blake Babies Nicely, Nicely - 1987 (Chewbud Records) Earwig - 1989 Slow Learner - 1989 (Utility Records) Sunburn - 1990 Rosy Jack World (EP) - 1991 Innocence & Experience - 1993 God Bless The Blake Babies - 2001 Epilogue (EP) - 2002

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Juliana Hatfield Juliana Hatfield en MySpace Páxina oficial de Blake Babies

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Maine Categoría:Nados no condado de Lincoln, Maine Categoría:Nados en 1967