Matthijs de Ligt, nado o 12 de agosto de 1999 en Leiderdorp, é un futbolista neerlandés. Xoga de defensa central e o seu actual club é o Juventus FC da Serie A italiana.

Traxectoria De Ligt chegou ás categorías inferiores do AFC Ajax con tan só 9 anos, e debutou co primeiro equipo o 21 de setembro de 2016 nun partido da copa neerlandesa contra o Willem II. Ós 25 minutos de partido, anotou un gol que o converteu no segundo xogador máis novo da historia de Ajax en anotar un gol, tan só por detrás de Clarence Seedorf.

O 18 de xullo de 2019, De Ligt fichou polo Juventus FC da Serie A italiana a cambio de 75 millóns de euros, e asinou co equipo turinés un contrato por cinco anos.

Palmarés Ajax Eredivisie: 2018–19 KNVB Beker: 2018–19

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Soccerway.com

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Holanda Meridional Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024