miniatura|Sinal do parque das fragas do Eume. As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume (DOG nº 110, do 5.06.1996) e Decreto 218/1997, do 30 de xullo, polo que se declaran o parque natural das Fragas do Eume (DOG nº 153, de 11.08.1997)., ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreasA superficie total protexida é exactamente de 9.125,65 ha, segundo o Decreto da Xunta de Galicia polo que se aproba o PORN do Parque, das que 3.253 ha corresponden á zona de fragas propiamente dita e o resto a zonas de reserva, de mato e pasto, de aproveitamento agropecuario e maila rede fluvial. nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coincide cos límites do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo.Guía de espacios naturais de Galicia, páx. 111. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ibérico ou diversas aves de rapina.
Xeografía O parque limita polo leste coa serra da Loba, na cadea dorsal galega, e polo oeste, o parque esténdese até a desembocadura do río Eume en Pontedeume. Todo o seu territorio encádrase na comarca do Eume, que limita ó norte coa de Ferrolterra e ó sur coa de Betanzos.
A morfoloxía do parque está determinada polo eixo que marca o río, que percorre a provincia da Coruña nunha dirección leste-oeste, formando un val en "V". No seu tramo inferior, ten unhas ladeiras con pendentes moi pronunciadas e desniveis de ata 400 metros. As diferenzas de altitude van dende o nivel do mar até os 710 m dos montes orientais, cunha altura media de 413 m.
Hidrografía miniatura|250px|esquerda|Bosque de ribeira sobre o río Eume. O río Eume atravesa o parque atravesando un profundo canón que tamén leva o seu nome. A súa conca ensancha na metade dos seus cursos, e é neste tramo onde recibe ós seus principais afluentes. Pola marxe esquerda os ríos Frei Bermuz (10 km) e San Bartolomeu (8 km). O caudal deste último foi aproveitado ata non hai moitas décadas para a produción de enerxía hidroeléctrica na Central do Parrote. As concas destes afluentes, xunto co curso baixo do Eume, constitúen a zona de maior interese ecolóxico.
Ademais, unha morea de caudais de auga máis ou menos longos e caudalosos, verten as súas augas no Eume. Pódense salientar na marxe dereita o rego de Montouto, preto da capitalidade do concello de Muras, e, xa na provincia da Coruña, o río Maciñeira, o máis longo de todos os afluentes (11 km) que verte a escasos metros do Parque de Carbóns da Central térmica das Pontes, o río do Pareiro, que desemboca no encoro do Eume formando un profundo entrante, e o río Sesín, que na súa confluencia co Eume, e xunto con el, rodea o outeiro onde se ergue o mosteiro de San Xoán de Caaveiro.
Na marxe esquerda son salientables o rego Felgado, que ten as súas fontes en terras de Xermade, o río Chamoselo, cunha fermosa ponte medieval preto da súa desembocadura no centro urbano das Pontes. Vertendo as súas augas no encoro do Eume despois de 10 km de percorrido, está o río Frei Bermuz, sen dúbida o máis caudaloso de todos os afluentes e que forma unha fermosa paraxe natural no lugar da Feira do Dez. Xa no esteiro, desemboca o río de Covés.
Flora esquerda|miniatura|250px|Fragas do Eume dende zona alta de matogueiras. As fragas do río Eume son un destacado representante da fase clímaxNa sucesión ecolóxica dos ecosistemas. A sucesión produce ecosistemas cada vez máis estables e máis resistentes ás perturbacións, así que adoita describirse como un proceso de maduración. O estado máis ou menos ideal ao que apuntan os cambios da sucesión do ecosistema chámase clímax. da vexetación galegaGuía de espacios naturais de Galicia, páx. 113.. Dominan as especies propias do clima tépedo e oceánico do suroeste de Europa, que inclúe toda a cornixa cantábrica e o noroeste peninsular. Os bosques de ribeira, dos que o parque é bo exemplo, distínguense polos seus ecosistemas de elevada biodiversidade, particularmente no que respecta á flora, que supera as 500 especies. Tradicionalmente foron moi explotados polo ser humano pola riqueza e fertilidade dos solos, e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas como estas fragas. As fragas forman un continuo de grande extensión e valor, xa que non existe en toda Galicia unha superficie de bosque autóctono no mesmo grao de conservación.
Nas zonas máis altas do parque, os bosques son substituídos por zonas de matogueira. Estas ocupan un terzo da superficie protexida, e as queiroas que o forman están incluídas entre os hábitats a protexer pola Directiva Hábitat da Unión Europea. Nunhas zonas o toxo é máis abondoso, noutras son as queiroas, e as xestas adoitan aparecer en combinación coas dúas anteriores.
Árbores Río Eume.|miniatura A árbore con maior presenza no parque natural é o carballo. É o medidor da saúde da fraga: os exemplares máis lonxevos existen nas zonas que sufriron unha menor presión humana (a fraga do Mosqueiro ou as fragas que arrodean o río do Dez), e está sendo obxecto de repoboación en zonas fráxiles do parque, onde fora apartado recentemente polo bidueiro.
Tamén ten numerosa presenza no parque o castiñeiro, dominante nalgunhas áreas logo de roubarlle terreo ao carballo grazas a medrar máis rapidamente e prover froitos de consumo humano. O bidueiro é a terceira das especies maioritarias, e ocupa dous tipos de espazos: áreas tradicionais de bosque de ribeira, e zonas marxinais onde os carballos foron perdendo distribución, e onde medran rapidamente. miniatura|O río Eume coas árbores sen follas. Nas proximidades dos ríos atopamos o ameneiro, que soporta ben as situacións de asolagamento, xa que suxeitan as marxes das canles impedindo o seu arrastre polas cheas, o salgueiro (con moita menor frecuencia), o freixo e o pradairo. Outras especies arbóreas das fragas son a abeleira, principalmente nas proximidades dos cursos de auga; o cerqueiro, nas zonas altas das fragas de Pena Fesa, Os Cerqueiros (topónimo que reflicte a abundancia desta árbore) e A Marola; o érbedo, o loureiro, e o umeiro, frecuente tamén nas proximidades dos ríos, como preto do mosteiro de Caaveiro. Tamén se ten sinalado a presenza do lamigueiro nas fragas, unha especie rara na zona próxima á costa. O teixo, atopa no parque a súa localización máis occidental no país, xa que a intensa actividade humana sobre esta árbore acabouna relegando principalmente ás montañas orientais galegas. Finalmente, existe en abundancia o acivro, fundamentalmente como arbusto pero que chega a acadar exemplares de altura e porte, o estripeiro, o abruñeiro, a pereira brava e a maceira brava, esta última pouco frecuente noutros lugares da provincia da Coruña.
Felgos miniatura|esquerda|Fento fero (Blechnum spicant). No parque están presentes unhas 28 especies distintas de felgos, entre as que destaca o grupo coñecido como os relictos macaronésicos. Os felgos son moi dependentes das condicións protectoras que lles brindan as fragas e concéntranse nas áreas máis húmidas e térmicas. Os fieitos constitúen unha das principais características destes bosques. Os máis comúns son:
fento fero (Blechnum spicant), fento das pedras (Polypodium interjectum), fento femia (Athyrium filix-femina), fento real (Osmunda regalis), fento común (Pteridium aquilinum), Lastraea limbosperma, Polystichum setiferum, Dryopteris affinis subsp. Affinis, Dryopteris dilatata, Dryopteris aemula. Tamén se poden atopar especies de gran valor ben pola súa escaseza ou ben por darse lonxe da súa área normal de distribución, coma: fento do botón (Woodwardia radicans), fento negro (Asplenium adiantum-nigrum), Cystopteris diaphana, Dryopteris guanchica, fento do cabeliño (Culcita macrocarpa)A presenza desta última especie confire especial valor ó parque e obriga a especiais medidas de protección, ó estar incluída na lista de especies vermellas en perigo crítico de extinción e protexida pola Directiva Hábitat.. Algunhas destas especies están relacionadas cunha antiga vexetación subtropical que poboou as marxes do mar de Tetis na era terciaria. A calor e a humidade permitiron o desenvolvemento dunha exuberante flora, similar á que na actualidade atopamos no arquipélago neozelandés ou na Florida. Porén, hai dous millóns de anos, os procesos de glaciación nos polos e a desertificación nos trópicos foron recortando a distribución desa flora que, incapaz de adaptarse ós cambios, quedou reducida a zonas pequenas situadas entre os 25º e 40º de latitude: Illas Canarias, Illas dos Azores e Madeira, e en menor extensión nas serras de Alxeciras (provincia de Cádiz) ou o Parque Natural das Fragas do Eume.Martiño Negreira Souto: "Fragas do Eume. 2- Os bosques do Eume" en NaturezaDixital.com Xornal da Natureza Galega.
Musgos e liques No estrato muscinal está presente case a metade da flora briofítica galega (musgos e hepáticas) particularmente importante nas zonas húmidas e sombrizas, con máis de 220 especies diferentes (136 de musgos e 85 de hepáticas). Entre elas atópanse catro citas únicas para a brioflora española e sete máis considéranse raras dentro da flora ibérica. Destacan a Cololejeunea microscopica e a Lepidozia cupresana.
A flora liquénica garda tamén un notable catálogo de máis de 240 especies, entre as que figuran tres citas novas para a Europa continental e 24 novas para España. Son características dos bosques maduros outras especies menos raras pero moi ligadas a estes ecosistemas: a Lobaria scrobiculata, a Pannaria rubiginosa e a Usnea articulata.
Fauna Os bosques de ribeira son un ecosistema caracterizado por unha ampla biodiversidade.
Anfibios
As fragas, polo seu carácter húmido e sombrizo, son un ambiente idóneo para os anfibios. No Eume viven 13 das 15 especies existentes en Galicia. A píntega común e a súa subespecie galega son moi frecuentes xa que as masas forestais caducifolias son o seu biótopo natural. Tamén están presentes outras especies coma o sapiño comadrón, o sapo común, a ra patilonga (que vive nos regatos afluentes do Eume na conca baixa, coma o Sesín), e a ra vermella, que é posible atopar nos prados da serra de Sanguiñedo. Nas pozas estacionais atópanse as tres especies de pintafontes, o común, o palmado e mailo pintafontes verde, pero é especialmente valiosa a saramaganta (Chiglossa lusitanica), endemismo do noroeste ibérico que mantén nas fragas unha das súas máis nutridas poboacións.
Aves Entre as aves da fraga, con máis de 100 especies coñecidas, destacan as rapaces que se alimentan de micromamíferos, adaptadas a cazar no interior do bosque: o azor, o lagarteiro, o gabián eurasiático, o bufo pequeno, a curuxa, o moucho común, a avelaiona, o miñato queimado, a tartaraña cincenta, o miñato real e o abelleiro europeo. En espazos máis abertos habita tamén o falcón peregrino, o miñato común e o bufo real. Entre as pequenas insectívoras destacan o gabeador azul, o gabeador común, a avenoiteira, o ferreiriño abelleiro, o ferreiriño bacachís, o peto real, o peto verde, a estreliña riscada, a estreliña do norte, o picafollas e maila arcea. Nas ribeiras dos cursos de auga do parque destaca o merlo rieiro e o picapeixe.
Mamíferos