Antonio Taboada Ferradás, alcuñado como Wily, nado en Botos (Lalín) o 18 de maio de 1962"WILY - Antonio Taboada Ferradás" e finado na mesma parroquia o 10 de xuño de 2006, foi un escultor, pintor, poeta e músico galego.

Traxectoria Comezou a súa formación nun curso de talla en Lalín co mestre artesán Antonio Presas, e entrou cunha primeira obra na selección da segunda bienal da Fundación Araguaney. En 1989 acadou a bolsa de novos valores na Bienal de Pontevedra, exercida en París. Ao ano seguinte gañou o segundo premio XVIII bienal de arte meigas e trasnos de Sarria. En 1990 conseguiu un accésit no primeiro simposio ao aire libre Concello do Grove, e o primeiro premio no certame de artes plásticas Xuventude-90 en Lugo. En 1991 conseguiu o segundo premio no segundo simposio internacional de escultura Concello do Grove, e en 1992 acadou o primeiro premio da bienal das Sinas en Viana do Castelo. A súa obra foi presentada en Alemaña, Francia e México.

A mediados da década de 1990 coa súa presenza en exposicións, premios e pola súa propia evolución varios críticos situárono entre as principais promesas da escultura galega transatlática. Nunha estadía en Florencia como bolseiro do Concello de Lalín comezou a experimentar con novas materias primas, con estruturas de arame recubertas con materiais de refugallo. En 2004 expón en Nova York, recalcando o carácter cosmopolita das súas creacións sen renegar da súa visión nada no rural.. No ano 1999 conseguiu o accésit no XX premio de minicadros na cidade de Elda.

O escultor desenvolveu unha técnica propia cunha característica selección de ferramentas, entre elas destacaba a motoserra, para o moldeo da madeira, e un uso anárquico da policromía. Como pintor empregaba unha ampla selección de soporte, madeira, pedra, papel, cartón ou lenzo. A finais da década de 1990 a súa obra itinerou por Burgos, baixo o título "Tres miradas al románico olvidado" xunto cos burgaleses Rosario Palacio e Manuel Estévez.

Violinista, pianista e poeta,"WILY - Antonio Taboada Ferradás" traballou noutros campos culturais aplicados extensamente ao asociacionismo. Colaborou na fundación da Algarabía de Lalín, xuntanzas internacionais e forxas literarias da Solaina de Piloño, exposicións nos pendellos de Agolada, procesos en liberdade de Lalín, Domingos de furabolos en Santiago de Compostela, Feira do Cocido e cocido das artes en Lalín, expo-tren e arte no camiño en Botos, obradoiro de cantería e escultura expositiva na fundación Semana Verde de Silleda, bienal Laxeiro en Lalín ou no certame de escultura ao aire libre no Grove. Preparou o Físico debate no convento das Carmelitas en Salamanca, un obradoiro de escultura con Sergio Aguilar na fundación Emilio Botín en Santander, o obradoiro en bronce na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ao son dun pobo para a televisión galega e metrópole para a segunda cadea de TVE.

Falece a noite do sábado do 10 de xuño de 2006 arroiado polo tren na súa parroquia natal.

Reivindicado en exposicións póstumas coas escolas de Georg Baselitz e Claes Oldenburg, parte da súa obra obra permaneceu conservada en mal estado nun refuxio de Botos, feito denunciado pola asociación "Amigos de Wily" coa súa propia familia como impulsora. Unha versión en bronce dunha anterior obra do autor en madeira preside a rotonda na Avda. Xosé Cuíña de Lalín.

Exposicións 1986: Santiago de Compostela, I Premio de Arte Fundación Araguaney. Bienal de escultura. 1993: Santiago de Compostela, I Bienal de Lalín "Laxeiro". 1993: Santiago de Compostela, Trazos e camiños: Exposición de arte galega. 1994: Santiago de Compostela, Dezasete artistas. 1995: Pontevedra, II Bienal de Lalín Pintor Laxeiro. 1996: Pontevedra, La escultura pública en Pontevedra. 1997: Pontevedra, III Bienal de Lalín Pintor Laxeiro. 1997: Santiago de Compostela, Galicia hoxe. 2000: Santiago de Compostela, 5ª Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas A Solaina de Piloño. 2003: A Coruña, Arte Axuda Galicia. 2003: Pontevedra, Artistas de Deza. 2003: VI Bienal de Lalín Pintor Laxeiro. 2005: VII Bienal de Lalín Pintor Laxeiro. 2007: In memoriam, VIII Bienal de Lalín Pintor Laxeiro. 2016: Wily, Forza Ingobernábel

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Wily en Pintores de Galicia

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1962 Categoría:Finados en 2006