Manuel Fernández Lourido, coñecido como Manuel F. Lourido ou Lourido, nado en Vigo e finado en Buenos Aires o 19 de novembro de 1920,Nova Galicia, 25-11-1920, p. 3. foi un debuxante, ilustrador e pintor galego.
Traxectoria Asentado en Vigo, dende 1909 traballou como debuxante en La Metalúrgica, empresa dedicada á estampaión de folladelata, e formouse, a poucos metros, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Publicou debuxos en prensa e fixo a portada do libro O miñato e mais a pomba de Avelino Rodríguez Elías. Foi vogal da directiva da Asociación General de Cultura. En 1911 fixo unha exposición no Círculo Mercantil que foi un éxito, e en 1912 participou na exposición do Centro Galego de Madrid.Diario de Pontevedra, 13-6-1912, p. 2. Emigrou a Río de Xaneiro en 1911.Vida Gallega, 33, 11-1911, p. 15. Despois marchou á Arxentina.Vida Gallega, 57, 5-6-1914, p. 41. Desde Buenos Aires colaborou en Vida Gallega e nas revistas arxentinas Suevia, Plus Ultra e Caras y Caretas.El Correo de Galicia, 21-11-1920, p. 2. Compaxinou durante algún tempo a carreira de ilustrador xornalístico coas clases nocturnas de debuxo e pintura na Agrupación Artística Gallega de Buenos Aires.
Enfermo, finou no Hospital Español de Temperley o 19 de novembro de 1920.El Correo de Galicia, 21-11-1920, p. 1. miniatura|La Metalúrgica de Vigo, onde traballou Lourido. Hai obra de F. Lourido no Museo Provincial de Lugo. miniatura|Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde estudou Lourido. Vida persoal Casou en Vigo con Eva Montenegro Batista, que finou en Vigo en 1927, e foi pai de Manuel e María Ernestina Fernández Montenegro.El Pueblo Gallego, 4-2-1927, p. 6.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Federico Ribas Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Ligazóns externas
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1920 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público