Célia Nunes Correa, nada en 1990, máis coñecida como Célia Xakriabá  [ˈsɛ.li.ɐ ʃɐˌkɾi.ɐˈba], é unha educadora e activista indíxena do Brasil pertencente ó pobo xakriabá. É coñecida por promover, entre outras cousas, o avance no status e os dereitos das mulleres indíxenas, os dereitos das terras indíxenas e a educación indíxena.

Traxectoria Xakriabá naceu no concello de São João das Missões no estado brasileiro de Minas Xerais. Asistiu á Escola Estatal Indíxena Xukurnuk. Posteriormente, foi alumna e mestra de educación indíxena na Universidade Federal de Minas Gerais en 2013. Xakriabá conseguiu o seu mestrado en educación pola Universidade de Brasilia en 2018. É a primeira membro da súa tribo en obter un graduado.

Xakriabá foi activista dos dereitos indíxenas dende os 13 anos de idade.

Carreira educativa miniatura|dereita|Xakriabá nunha conferencia da Universidade de Brasilia en 2018. En 2015, Xakriabá converteuse na primeira persoa de ascendencia indíxena no Departamento de Educación de Minas Xerais. Estivo nese posto dende 2015 até 2017. Xakriabá declarou que a educación da mocidade indíxena no Brasil non é axeitada porque non se lles ensina sobre os dereitos da súa terra nin sobre a súa historia. Tamén dixo que na educación occidental todo o coñecemento provén do mestre, pero que na educación indíxena todo o mundo comparte o seu coñecemento.

Dende 2017, Xakriabá participou en numerosas conferencias e debates en universidades do Brasil centrándose nos dereitos indíxenas, promovendo a educación indíxena e na revitalización das linguas nativas do Brasil.

Carreira política Xakriabá opúxose a un proxecto de lei proposto na Asemblea Lexislativa de Minas Gerais que prohibiría ós falantes levar tocados ou traxes "extravagantes". Ela dixo que este proxecto de lei tiña como obxectivo limitar a visibilidade dos falantes nativos. En febreiro de 2019, uniuse ao consello asesor para a representante do Partido Socialismo e Liberdade, Áurea Carolina, de Minas Xerais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Articulación Nacional das Mulleres Indíxenas Guerreiras da Ancestralidade

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Pobo xakriabá Categoría:Brasileiros de ascendencia indíxena Categoría:Activistas do Brasil Categoría:Activistas pola normalización lingüística Categoría:Alumnos da Universidade de Brasilia Categoría:Indixenistas de América Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas