Hermes Francisco Varela Álvarez de Toledo, nado en Viveiro cara a 1921 e finado no mesmo concello o 9 de xuño de 1988,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-6-1988, p. 72. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Na guerra civil foi voluntario na Centuria Pedrosa da Primera Bandera de Castilla e rematou como alférez provisional. Militante de FET y de las JONS, foi letrado sindical. Concelleiro en Viveiro e primeiro tenente alcalde, foi nomeado alcalde de Viveiro en febreiro de 1964,El Progreso, 28-2-1964, p. 7. tomando posesión o 3 de marzo. Permaneceu no cargo ata o 27 de setembro de 1967. Foi presidente da asemblea local da Cruz Vermella.

Vida persoal

Casou con Mercedes Cao Enríquez e foi pai de Sara Varela Cao. Notas

Categoría:Avogados de Viveiro Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes