miniatura|240px|Folla infestada. Uncinula necator é unha especie de fungo que causa a enfermidade do oídio,oídio no Dicionario da RAG. que pode ocasionar danos atacando a tódolos órganos verdes da vide.

Características Nas follas, nos seus estadios iniciais pode parecerse á infestación do mildiu, pero as manchas que aparecen adoitan seren sempre máis pequenas e nunca mostran a típica peluxe branca no revés; en cambio, si se poden observar puntos pardos.

É un patóxeno común de todas as especies do xénero Vitis, incluída a vide, Vitis vinifera.

Crese que o fungo orixinouse en América do Norte.

As variedades europeas de Vitis vinifera son máis ou menos susceptíbeis a este fungo. Uncinula necator infesta todos os tecidos verdes da vide, incluídas as follas e as baga novas. Pode causar perdas de cultivos e mala calidade do viño se non se trata.

A etapa sexual deste patóxeno require humidade libre para liberar as ascósporas dos seus clistotecios na primavera. Porén, a humidade libre non é necesaria para a propagación secundaria a través de conidios; a alta humidade atmosférica é suficiente.

A súa forma conidial ou anamorfo denomínase Oidium tuckeri.

Produce olores comúns, como 1-octen-3-ona e (Z)-1,5-octadien-3-ona.

Sinónimos A especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:Uncinula necator (Schwein.) Burrill en BioLib Erysiphe necator Schwein. Oidium necator (anon. ined.) Uncinula americana Howe Oidium tuckeri Berk. Acrosporium tuckeri (Berk.) Sumst. Pseudoidium tuckeri (Berk.) Y.S. Paul & J.N. Kapoor

Tratamento Este mofo pode ser tratado con xofre ou con funxicidas; porén, desenvolvéronse resistencias a varias clases de produtos químicos como benomyl, os DMI e as estrobilurinas. Aínda que os funxicidas sintéticos moitas veces recoméndanse como aplicacións cerca da floración, é común incluír xofre nunha mestura para axudar ao manexo da resistencia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gubler, W, D.; M. R. Rademacher; S. J, Vasquez & C. S, Thomas (1999): Control of powdery mildew using the UC Davis Powdery Mildew Risk Index The American Phytopathological Society .

Outros artigos Oídio Oídio do carballo Mildio

Ligazóns externas Grape Powdery Mildew (Uncinula necator) . Erysiphe necator Schwein. 1832 na EOL.

Categoría:Fitopatoloxía Categoría:Viticultura