Noor Hisham bin Abdullah, nado en Sepang o 21 de abril de 1963, é un cirurxián malaisiano, director xeral de saúde de Malaisia dende 2013 , é tamén o presidente do Consello Médico de Malaisia.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia de orixe chinesa e pasou a súa infancia en Sungai Pelek" "生于雪邦华裔家庭 · 诺希山从小立志当医生" Sin Chew, 29 de marzo de 2020" e logo viviu en Kuala Lumpur coa súa nai. Estudou na Universidade Nacional de Malaisia, especializándose en cirurxía.

En 1988 entrou por oposición á administración como médico no Hospital Universitario de Kuala Lumpur traballando dende o ano seguinte no servizo de urxencias do hospital. Logo da súa especialización en cirurxía entrou en 1994 no Hospital Terengganu en 1994 como cirurxián xeral en 1997 realizou estudos de especialización en endocrinoloxía nas universidades de Adelaida e Sydney. En 1998 recibiu o nomeamento de xefe de cirurxía endócrina e mamaria do Hospital Universitario e en 2002 ocupou o mesmo posto no Hospital Putrajaya.

Foi subdirector xeral de saúde dende 1 de febreiro de 2008 e director xeral dende o 1 de marzo de 2013 ao substituír a Hasan Abdul Rahman. Publicou numerosos artigos en revistas locais e internacionais e capítulos de libros de texto sobre cirurxía endócrina. Dirixiu varios programas de educación sanitaria e de divulgación das ciencias da saúde en Malaisia. Dende agosto de 2017 é membro do Consello Executivo da Sociedade Internacional de Cirurxía .

En 2020 o ministro de sanidade, Adham Baba, nomeouno responsable da loita contra da COVID-19 en Malaisia converténdose nunha figura popular polas súas comparecencias televisivas e actividade nas redes sociais e respectada polo xeito de comunicarlles a situación á poboación malaisiana"Dr Noor Hisham - a hero in these trying times". New Straits Times, 27 de marzo de 2020 e a canle de televisión chinesa CGTN considerouno un dos tres médicos con competencias en saúde pública que mellor transmiten feitos e información confiable sobre a pandemia nos seus países xunto co norteamericano Anthony Fauci e o neozelandés Ashley Bloomfield"China TV station puts health DG among world’s top 3 doctors during virus crisis" FMT News, 16 de abril de 2020.

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Malaisia Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Malaisia