O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.
O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962, converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo. Tamén foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 35ª edición dos premios.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Zé do Burro (Leonardo Villar) é un pequeno terratenente da Rexión Nordeste do Brasil. O seu mellor amigo é un burro. Cando o burro cae enfermo terminal, Zé promete a un orisha do Candomblé, Iansan, que se o burro se recupera dará a súa terra aos pobres e cargará cunha cruz dende a súa granxa ata a igrexa de Santa Bárbara en Salvador, Baía, onde ofrecerá a cruz ao párroco local. Cando o burro sanda, Zé comeza a súa viaxe de sete leguas (46 km). O filme comeza cando Zé, coa súa esposa Rosa (Glória Menezes), chega á igrexa. O párroco (Dionísio Azevedo) négase a aceptar a cruz cando oe a promesa pagá de Zé. Entón todos comezan a manipular o inocente Zé.
Personaxes Leonardo Villar como Zé do Burro Glória Menezes como Rosa Dionísio Azevedo como Padre Olavo Geraldo Del Rey como Bonitão Norma Bengell como Marly Othon Bastos como o xornalista Antônio Pitanga como Coca Gilberto Marques como o galego Roberto Ferreira como Dede Milton Gaúcho como o policía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 35ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1962 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por Anselmo Duarte Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro