Explorer 36, coñecido tamén como GEOS 2 (acrónimo de Geodetic Earth Orbiting Satellite), foi un satélite artificial do programa Explorer da NASA lanzado o 11 de xaneiro de 1968 mediante un foguete Delta E1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características A misión de Explorer 36, ao igual que a do seu predecesor Explorer 29, foi realizar estudos xeodésicos. O satélite estabilizábase mediante gradente gravitatorio e alimentábase mediante células solares. A súa misión foi continuada por GEOS 3.

Instrumentos Explorer 36 levaba a bordo nove instrumentos:

Sistema de baliza óptica. Reflector láser. Sistema de radio Doppler. Transpondedor SECOR. Seguimento por radio. Transpondedor de radar en banda C. Sistema Minitrack da NASA. Detector de electróns en precipitación. Magnetómetro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Delta E1 Explorer 29 Programa Explorer GEOS 3

Categoría:Programa Explorer