GeoStar-1, antes coñecido como Aquila, é un bus para satélites fabricado pola empresa Orbital ATK.

Características O bus GeoStar-1 é un bus compacto e flexible que pode adaptarse para misións tanto civís como militares, incluíndo satélites meteorolóxicos, de observación terrestre, intelixencia e recoñecemento e comunicacións. Está optimizado para o seu uso na órbita xeoestacionaria pero pode adaptarse a órbitas máis baixas, para ser lanzado con foguetes Minotaur, Falcon e outros. Está deseñado para tempos de vida de ata oito anos, proporcionando entre 200 e 1500 W de potencia á súa carga mediante paneis solares. A masa da carga útil pode ser de ata 150 kg.

Satélites co bus GeoStar-1 Os satélites que fan uso do bus GeoStar 1:

GSSAP 1 (Hornet 1, USA 253) GSSAP 2 (Hornet 2, USA 254) GSSAP 3 (Hornet 3, USA 270 GSSAP 4 (Hornet 4, USA 271) GSSAP 5 (Hornet 5) GSSAP 6 (Hornet 6) MITEx A (Wild Geese, USA 187)

Notas

Véxase tamén Outros artigos GeoStar-2 GeoStar-3

Categoría:Satélites artificiais