Forrest Goodluck, nado en Albuquerque o 6 de agosto de 1998 é un actor navagho. É coñecido por interpretar o fillo de Hugh Glass no filme de 2015 The Revenant, e a Adam Red Eagle, un adolescente de dous espíritos enviado a un campamento de terapia da conversión, no filme de 2018 The Miseducation of Cameron Post.

Traxectoria

Familia Goodluck naceu en Albuquerque, Novo México. O seu pai é navagho e a súa nai ten ascendencia hidatsa, mandan, navagho e tsimshian.

Carreira A primeira experiencia de actuación de Goodluck foi durante unha produción de sexto curso titulada A Charlie Brown Christmas na súa escola primaria; máis tarde actuou en producións escénicas e teatrais no ensino medio e secundario.

Aos 13 anos, fixo unha audición para a película Man Called Buffalo do director nativo americano Chris Eyre, que nunca chegou á produción, pero si lle permitiu conectarse con futuros directores de casting. Goodluck fixo unha audición para o papel de Hawk na película de 2015, The Revenant cando tiña 15 anos. The Revenant foi o seu primeiro papel no cine.

Goodluck gañou a mellor interpretación nunha longametraxe - Actor novo de repartición (14-21) nos 37th Young Artist Awards polo seu papel de Hawk. En febreiro de 2016, foi seleccionado para aparecer nun piloto do drama de Hulu, Citizen, como Guero, un "astuto rapaz da rúa que exerce de líder carismático e bipolar dun grupo chamado 'Baby Narcos'". En novembro de 2016, anunciouse que Goodluck protagonizaría The Miseducation of Cameron Post xunto a Chloë Grace Moretz e Sasha Lane.

Filmografía Cinema Ano Título Papel Notas 2015 The Revenant Hawk 2016 Ink Destin Curtametraxe 2017 Indian Horse Saul con 15 anos2018 The Miseducation of Cameron Post Adam Red Eagle Mud Joseph Curtametraxe 2019 Blood Quantum Joseph TBA I Used to Go Here Animal Posprodución TBA Cherry Posprodución

Televisión Ano Título Papel Notas 2018 Designated Survivor Wesleyan Applicant Episodio: "Original Sin"2020The LiberatorPrivate CloudfeatherEpisodio: “Why We Fight”2021The Republic of SarahTylerPapel principal

Videoxogos AnoTítuloPersonaxeNotas2020Tell Me WhyMichael Abila / Officer Holt

Galardóns AnoPremmioCategoríaPelículaResultadoNotas2016Premio ao artista novoMellor interpretación nunha longametraxe (actor secundario, de 14 a 21 anos) The RevenantGañador

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Pobo navagho Categoría:Nados en Alburquerque